AXENDA | Literatura

Eva Veiga e Baldo Ramos presentan 'Quérote canto'

Mañá xoves, día 16, na Coruña.
Fundación Luís Seoane, ás 20 horas.
Eva Veiga e Baldo Ramos presentan 'Quérote canto'

unnamedEva Veiga e Baldo Ramos dan a coñecer Quérote canto, a súa obra conxunta editada por Galaxia, nun acto na Luís Seoane que contará coa presentación de Teresa Seara e o acompañamento musical de Bernardo Martínez e Fito Ares.

Pola limitación no aforo, recoméndase realizar reserva no 981 216 015.

Perfil de Eva Veiga na AELG: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/eva-veiga

Perfil de Baldo Ramos na AELG: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/baldo-ramos

"Dende un mesmo espazo compartido -o silencio- abrollan os poemas que, seguindo camiños paralelos, acabarán por desembocar nun texto-libro onde a determinación da autoría se dilúe a prol da afluencia e a resonancia. Baldo Ramos e Eva Veiga deciden internarse uns días no mosteiro de Oseira, mais sen compartir durante a estadía o que pensan nin o que escriben. O resultado é a comprensión unha vez máis, de que a poesía é o verdadeiro territorio común, o lugar propicio da nosa soidade vinculada." (Ed. Galaxia).

 

Eva Veiga e Baldo Ramos presentan 'Quérote canto'