Cine
“Todos los gobiernos mienten”, documental o martes no Ágora
Axenda cultural
Todos los gobiernos mienten é unha homenaxe que o seu director, Fred Peabody, rende a I.F. Stone, un xornalista que denunciou a corrupción e as mentiras do goberno dos Estados Unidos cunha información veraz e contrastada. Todos los gobiernos mienten é a entrega de xuño do programa Documental do Mes, que pode verse en case cen salas de todo o Estado.
Oliver Stone (non hai relación familiar con Isidor Feinstein Stone) produce un filme que reúne a destacadas figuras do xornalismo e da contestación intelectual ao goberno USA: desde Carl Bernstein (caso Watergate) a Glenn Greenwald (caso Snowden), pasando por Amy Goodman e os inquebrantables outsiders Ralph Nader e Michael Moore, entre outros. E o pai intelectual de todos eles: Chomsky. Algúns deles foron galardonados co Izzy Award.
O documental dura 90 minutos e foi estreado nos IDFA holandés e no Festival de Toronto o ano pasado. Fred Peabody ten unha ampla traxectoria na CBC, a televisión pública estadounidense, e realizou entre outros Perfect Illusions, sobre os trastornos alimentarios mais con un título moi chomskiano.
Todos los gobiernos mienten pásase o martes ás 20.00 horas no Centro Ágora. As entradas van a 2 ,5 euros (con descontos para mozas e mozos con carné xove, e tamén para xubilados e desempregados).