Normalización lingüística

Son Xogos, este martes día 6, e Brinca vai, o xoves

Axenda cultural

Son Xogos, este martes día 6, e Brinca vai, o xoves
Programa Apego na Coruña
Programa Apego na Coruña

Cita dobre no Ágora esta semana para despedir o curso co Programa Apego, do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña.

O martes, 6 de xuño, ás 18.00 horas: Son xogos, xogos Sons

Olga Kirk e Pablo Diz convidan a nenas e nenos coñecer instrumentos musicais de distintas épocas, a descubrir unha orquestra, a bailar e recuperar cancións e coreografías. A actividade leva 50 minutos e está dirixida a crianzas de entre 3 e 6 anos de idade. É precisa inscrición previa (pechouse o 22 de maio).

O xoves, 8 de xuño, ás 17.30 e ás 19.00 horas: Brinca vai

Paco Nogueiras ofrece dous concertos ese día para familias e nenas e nenos a partir de 3 anos. Brinca vai é un audio libro con doce cancións, unha para cada mes do ano. A actividade dura 50 minutos. É precisa inscrición previa (pechouse o 22 de maio).


 

Son Xogos, este martes día 6, e Brinca vai, o xoves