Sanidade pública
20ª Marea Branca: “10 meses para unha ecografía en A Coruña"
Esta é a situación da sanidade na área de A Coruña. Os recortes de persoal e medios é a constante do sistema galego de saúde, que con máis de 300.000 galegas e galegos en listas de espera, parece importarlle ben pouco ao goberno de Núñez Feijoo.
Fonte: Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública | 01/01/2017
Pronto sairán as listas de agarda correspondentes ao mes de decembro. Neses datos deberían incluirse os das listas non estructurais (pacientes que non queren ir a un hospital privado), pero nos tememos que non será así. E unha vez mais serán datos maquillados para ocultar a dura realidade da nosa sanidade.
Recordemos os datos de mortandade nun centro sanitario privado en relación aos centros públicos: Incremento dun 2% en adultos, un 8,% en enfermos crónicos e un 9,5% en recen nados.
Aproveitamos para recordar que este més terá lugar en Barcelona a 3ª Asemblea estatal de Mareas Brancas, á que asistiremos, e onde, unha vez mais, compartiremos datos e experiencias, situación en cada territorio, accións conxuntas de cara ao 7 de Abril co gallo do día europeo contra a mercantilización da saúde, e expansión da loita por todo o estado. Animamos a tódolos colectivos interesados na defensa da sanidade pública a que acuda a estes encontros estatais para fortalecer a loita. Xuntas e xuntos o podemos conseguir.