Salario digno

23 de decembro e 5 de xaneiro: dependentas de Arenal en folga

Falamos con Patricia Fernández presidenta do Comité de Arenal Perfumerías da provincia da Coruña pola CIG, para que nos contara que está a pasar coas dependentas que traballan no Arenal. Isto foi o que nos contou. 
23 de decembro e 5 de xaneiro: dependentas de Arenal en folga
Arenal en folga
Arenal en folga

O conflito

Nos conta Patricia: Temos salarios mais baixos en todos os postos de traballo das tendas, tanto encargadas como dependentas, pero a maior diferencia é nos postos de traballo das dependentas.

O problema é que as dependentas do Arenal cobramos anualmente 4.377,18 euros menos que calquera dependenta que traballa en un comercio da cidade.

Fai catro anos e medio que temos comité de empresa e desde a primeira reunión que fixemos estamos pedindo unha subida salarial.Estamos condenadas a un convenio estatal, e pedimos que se nos paguen o mesmo salario que calquera dependenta do comercio da cidade, é dicir do comercio vario.

Nós consideramos que temos que cobrar o mes mo soldo do comercio vario. A nosa empresa é unha empresa millonaria, con beneficios millonarios, que podemos ver todos os dias na prensa, dobla os seus beneficios... Entón é moi simple: paguennos un salario digno, o mesmo que o convenio do comercio vario.

Todas as dependentas apoian a folga

Sigue contando Patricia: As dependentas, en xeral estamos en folga. 

Dende o ano 2019 estamos pedindo o mesmo e a empresa non responde, no se senta a negociar. Convocamos unha asemblea con todas as dependentas e explicamos que solo nos quedaba mobilizarnos para que nos escoitaran. 

Nas asembleas de A Coruña o apoio foi maioría absoluta e en Carballo e Santiago foi un apoio unánime. Estamos de folga o día 23 de decembro e o 5 de xaneiro.

Que dí a Empresa

Patricia conta: Chamoume por teléfono o xefe, preguntando o que queríamos. Expliqueille e dixome: “paciencia”. Contestei: “Paciencia si, pero os días de folga están marcados. Pon unha proposta encima da mesa”. El dixo que si, que traería unha proposta. De momento non hai proposta.

Ademais temos moita carga de traballo, nos últimos anos recortaron persoal, temos mais carga de traballo e cobramos menos que calquera dependenta da cidade.

En resumen: fan caixa pero non reparten.

Seguintes accións

Reparto de folletos no partido do Deportivo para que toda a xente se entere as razóns porqué que as dependentas do Arenal imos a folga, e iremos a todas as cidades de Galicia e a onde sexa necesario hasta que eles se senten a negociar e nos paguen o que lle corresponde a calquera dependenta da cidade.

EntreNós

Dende a Redacción de EntreNós, puxémonos en contacto coa dirección do Arenal, para poder ter o seu punto de vista, ao que nos responderon que a empresa non facía ningunha declaración.

23 de decembro e 5 de xaneiro: dependentas de Arenal en folga