Comunicado

27ª Marea Branca na Coruña

O vindeiro domingo 20, ás 12:30 da mañá, volvemos á Praza do Obelisco na Coruña.

27ª Marea Branca na Coruña
27 Marea Blanca 2 bj_Galego
27 Marea Branca

Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública

Si na marea anterior falábamos de miles de razóns polo peche de camas, esta vez temos que falar de centos de miles de razóns ante a recente publicación das listas de agarda e que, por desgraza, amosan o camiño de desmantelamento e privatización do sistema sanitario público. 

En canto a intervencións cirúrxicas na EOXI de A Coruña temos un incremento de 3.337 pacientes no último ano, pasando de 34.567 pacientes en Xuño do 2016 a 37904 en Xuño diste ano.

En canto a intervencións cirúrxicas en Galicia en Xuño do 2016 tíñamos 34567 doentes en espera e este ano temos 37904.

En canto a probas diagnósticas en Galicia tíñamos 73.457 pacientes á espera en Xuño do 2015 e agora hai 85.498, é decir, 12041 pacientes máis á espera dunha proba. 

Aínda que houbo unha baixada dende Decembro do ano pasado, asistimos a un incremento constante ao longo destes 3 ultimos anos, para ir dando entrada, pouco a pocuo ao sector privado. 

E polo que respecta a Consultas Externas tiñamos en Xuño do 2016 142.025 pacientes en espera e pasamos a 162.221 pacientes en Xuño deste ano. Un incremento de 20.196 pacientes.

Todo isto da como resultado unhas cifras escandalosas de pacientes en espera. O número total de pacientes á espera en Galicia pasan de 244.916 en Xuño do 2015 a 285.623 en Xuño diste ano. E sabemos que hai moitos mais en listas ocultas que o SERGAS non quere facilitar.

Pero todo isto obedece a unha estratexia posta en marcha en todo o estado español e na Unión Europea. E para respostar todas e todos xuntos no estado español nos organizamos na Coordinadora Estatal de Mareas Brancas. Na vindeira asamblea, que terá lugar o vindeiro 9 de setembro en Zaragoza, trataremos este e outros temas, coma os curiosos e coincidentes cambios da lexislación sanitaria que xa están anunciados en Galicia, Cataluña e Madrid. 

Una lexislación que en Galicia reduce o número de áreas sanitarias, trata de garantír a presenza do sector privado nas areas de investigación e educacion, cos orzamentos públicos, así como a degradación dos hospitais comarcais ou o establecemento de órganos de participación meramente consultivos e donde non se ten prevista a participación de diversos colectivos sociais ou cidadás. 

Por todo isto e porque a nosa sanidade pública está en perigo, animamos a toda a cidadanía a participar na vindeira Marea Branca para esixir unha sanidade 100% pública, universal, de calidade e sen repagos.

27ª Marea Branca na Coruña