Domingo 17 ás 12:30h no Obelisco
28ª Marea branca
AXENDA SOCIAL
O vindeiro domingo 17, ás 12:30 da mañá, volvemos á Praza do Obelisco na Coruña. Que tamén se fará o 15 no Bierzo o 16 en Pontevedra.
Si na marea anterior falábamos de miles de razóns polo peche de camas, esta vez temos que falar da reforma da lei de sanidade galega. Esta reforma co peche de áreas, deixandoas como meros "distritos" de áreas mais grandes. Esta medida supón un paso mais no desmantelamento da sanidade pública. Supón a entrada a saco das empresas privadas nesta áreas que amosan o camiño a privatización do sistema sanitario público.
Supoñamos que unha institución ten 10.000 euros para prestar un servizo, e pode prestalo directamente.Eses 10.000 euros repártense en emprego, material, facturas, etc. Se esa mesma institución decide dar eses 10.000 euros para que o xestione unha empresa privada, eses 10.000 euros repártense en emprego, material, facturas ademáis da parte que debe gañar a empresa polo servizo que presta. Por iso, a sanidade privada é moito máis cara.