ugt | nota de prensa

7 de outubro: Xornada mundial polo Traballo Decente

Movilización o 6 de outubro ás 12:30 diante do Obelisco
7 de outubro: Xornada mundial polo Traballo Decente
Cartaz_Página_1
Cartaz

O 7 de outubro, celébrase a Xornada Mundial polo Traballo Decente que está dedicada aos millóns de traballadores e traballadoras de todo o mundo que merecen e reclaman xustiza salarial.  

Por iso, UGT e CCOO xunto ao resto de organizacións irmás da Confederación Sindical Internacional (CSI), sairemos as rúas para esixir “Xustiza salarial” para os e as traballadoras do mundo. Na nosa cidade terá lugar ó 06 de outubro ás 12:30 no Obelisco. 

A inflación actual, produto tanto da guerra en Ucraína como do afán de lucro de poderosas corporacións que controlan a enerxía, o transporte, os alimentos e outros produtos básicos, está a sumir na pobreza a un número cada vez maior de traballadoras e traballadores e ás súas familias. O mundo necesita un novo contrato social no que a xustiza salarial ocupe un lugar central.  

UGT e CCOO consideran urxente que as consecuencias da inflación sexan tidas en conta en todas as negociacións, de maneira que se distribúan as cargas e aumenten os salarios. Esiximos ás organizacións empresariais responsabilidade, que non bloqueen os procesos de diálogo social nin de negociación colectiva e que entendan que é urxente que se produzan subidas salariais xustas e suficientes. Os sindicatos de clase maioritarios pedimos ao Goberno medidas que freen o aumento dos prezos e que aposten por un impulso forte do Salario Mínimo Interprofesional (SMI). 

7 de outubro: Xornada mundial polo Traballo Decente