Informe SOS Racismo 2023 sobre o estado do racismo no estado español

Aumento do 41,49% dos casos de racismo: SOS Racismo exixe políticas antirracistas

Con un aumento del 41,49% de casos respecto al informe 2022, a Federación SOS Racismo presentou a recollida e análise estatística dos casos de racismo, discriminación, xenofobia e odio coa que traballou ao longo do ano 2022.
Aumento do 41,49% dos casos de racismo: SOS Racismo exixe políticas antirracistas
resumen-ejecutivo
resumen-ejecutivo

Aumentan de forma importante os casos de agresións e conflitos racistas, a limitación no acceso a prestacións e servizos públicos e privados, así como a discriminación laboral.

No informe, publicado xa na páxina web da Federación (www.sosracismo.eu), recóllense 740 actos racistas en todo o Estado, dos que a maior parte están relacionados cos conflitos e agresións racistas, o racismo institucional, seguidos dos casos relacionados coa denegación de acceso a prestacións e servizos públicos, discriminación laboral, denegación de acceso a servizos privados, etc. Estas cifras, en palabras de Elena Stasi, autora do informe, supoñen "máis aló das cifras, unha fotografía dunha realidade que debemos poñer enriba da mesa para abordar solucións que eviten, non só os insultos, agresións ou conflitos veciñais que sofren estas persoas, senón tamén o deterioro da convivencia nas nosas localidades".

Unha das maiores preocupacións da federación é o importante aumento dos casos recollidos, que pasaron de 523 a 740, o que supón un incremento do 41,49%. Xunto a isto, a partir da federación SOS Racismo engádese que xunto ao incremento, está a detectarse que "certos actos racistas que nos últimos anos sofren as persoas racializadas, migrantes e xitanas día a día comezan a verse como algo cotiá que non merece a pena denunciar. Aínda así, a maioría dos casos de discriminación seguen a permanecer ocultos, ben porque se segue normalizando, ben polo descoñecemento das vítimas, tal e como mostramos no noso informe SOS Racismo 2022". Como solución a esta cuestión, Cecilia Themme propón "mellorar a accesibilidade á denuncia, así como xerar mecanismos que traballen para a reparación das vítimas deste tipo de delito. Isto permitiría xerar consensos sociais non só para pasar de adoptar medidas de loita contra o racismo a políticas antirracistas, senón tamén para mellorar a convivencia no noso entorno".

Para mostrar o impacto destes casos na vida das persoas racializadas, migrantes e xitanas, o informe presenta testemuños reais que amosan esta realidade que moitas persoas e partidos negan, e que abarcan desde situacións que se dan no ámbito educativo, como o que relata que "X ten un fillo que estuda 6º de primaria nun centro educativo da comunidade galega. Dende que comezou a primaria, o seu fillo, Y, recibe insultos racistas tales como "negro de merda" ou "cor de caca". Con cada un dos insultos que o seu fillo lle transmite, X escribe por correo electrónico, pero nunca fan nada ao respecto". Outro dos casos que mostra o empeoramento da convivencia no noso entorno conta o caso dunha familia cuxos "veciños de arriba constantemente fan moito ruído polas noites; un día pola mañá aproximadamente ás 7:40 horas pídelle por favor que deixen de facer ruído e entón a parella de veciños comezou a insultar e ameazar con pegarlle e partirlle a cara a ela e á súa filla, con frases como: 'Perra estranxeira, vete ao teu país, puta. Vete do meu país. Xa che teño ganas. Voute partir a cabeza a ti e á túa filla', ao que ela lles contestou que eran uns sinvergüenzas; entón a muller achégase para pegarlle e ela fuxe correndo. Acudiu á Policía Municipal da súa localidade e alí dixéronlle que non podían tomar nota nin facer nada porque non había habido agresión física e que estaban ocupados porque coincidía coa hora de entrada nos colexios". Un empeoramento da convivencia que se mostra en casos como "Unha persoa traballadora nun establecemento de hostalería comunicounos o seguinte correo: 'Bos días. De cara á posible reactivación económica tras a presente pandemia, animámolos a nacionalizar a súa plantilla. Isto é, a substituír inmigrantes (os nacionalizados tamén o son) por nacionais ou no caso de que foran aumentar a plantilla, a contratar só nacionais'".

Asimismo, dende a Federación SOS Racismo recorda que parte da solución a esta realidade pode darse no "contexto de configuración de Concellos, Deputacións e Comunidades autónomas, así como na actual convocatoria de eleccións na que estamos inmersos, poñendo enriba da mesa a necesidade urxente de abordar de maneira integral a loita contra o racismo e a discriminación, pasando de simples iniciativas de loita contra o racismo a políticas públicas antirracistas". Así mesmo, esta federación esixe "que máis aló de intereses partidistas, o respecto aos dereitos humanos, á diversidade e pluralidade de TODAS as persoas forme parte da axenda á hora de negociar gobernos locais e autonómicos, así como nos programas políticos de cara ás eleccións xerais".

Neste sentido, a federación convida aos partidos políticos a sumarse ás súas propostas de mellora da convivencia e á xeración de sociedades antirracistas, con medidas como: Leis e políticas integrais que aborden a realidade do racismo e a discriminación de forma transversal e cunha mirada antirracista e feminista, o desenvolvemento da Lei 15/2022, de 12 de xullo, integral para a igualdade de trato e a non discriminación; o aumento da participación social na formulación de políticas públicas, garantindo a presenza de persoas e entidades racializadas, así como colectivos e organizacións antirracistas; un novo modelo policial, investimento en políticas antirracistas comunitarias, polo empoderamento das persoas e comunidades racializadas, migrantes e xitanas, aposta pola xustiza racial e social e a mediación e xustiza restaurativa como ferramentas para a loita fronte ao racismo, as agresións e conflitos veciñais.

Descargar informe

Aumento do 41,49% dos casos de racismo: SOS Racismo exixe políticas antirracistas