Dereitos da infancia
Campaña de participación infantil con motivo da celebración do 30 Anivesario da Convención sobre os dereitos do Neno
Obxectivo: coñecer, aprender e interiorizar
30 aniversario da Convención sobre os dereitos do neno
A Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia súmase a celebración do 30 aniversario da Convención sobre os dereitos do neno.
O obxectivo é coñecer, aprender e interiorizar os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes recollidos na Convención.
A través dunha guía de actividades podemos traballar unha introducción ao día universal dos dereitos da Infancia e unha serie de traballos dirixidos a edudadores e educadoras (pais, nais, abós, etc. etc.) de grupos de nenas, nenos e adolescentes entre 7 e 17 anos que queiran participar na conmemoración do Día Universal dos Dereitos da Infancia 2019.
Deste xeito, os participantes desenvolven actividades para a formación, toma de conciencia e divulgación dos dereitos de nenos, nenas e adolescentes.
Ademáis, este ano a Convención cumpre 30 anos. A Plataforma de Organizacións de Infancia Galicia, en colaboración coa Plataforma de Infancia ea Xunta de Galicia, quere contar coa participación da infancia neste aniversario e reivindicar que as opinións e propostas da infancia e adolescencia deben ser consideradas nos temas presentes e futuros porque as decisións que tomamos agora comprometen o seu presente e tamén o seu futuro.
A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia invita a participar nestas actividades que culminan cos actos conmemorativos do 20 de novembro de 2019.
A información da campaña de participación infantil está neste enlace: http://plataformadeinfancia.org/dia-de-la-infancia-2019/