Memoria histórica

Unha delegación internacional de eurodiputados visitará o Pazo de Meirás

O grupo de traballo reunirase tamén con asociacións de memoria histórica e o equipo de goberno da Deputación de A Coruña

Unha delegación internacional de eurodiputados visitará o Pazo de Meirás
Ocupación simbólica do Pazo de Meirás
Ocupación simbólica do Pazo de Meirás | Imaxe do www.bng.gal

Bruxelas, 26 de abril de 2018 | Nota de prensa BNG-Europa

Unha delegación de eurodiputados visitará a vindeira semana o pazo de Meirás e desenvolverá un amplo programa de actividades en A Coruña relacionadas coa memoria histórica. Esta iniciativa inclúese no conxunto de propostas que desenvolve o Grupo de Memoria Histórica do Parlamento Europeo e mediante o cal presentaron diversas iniciativas e visitas relacionadas coa impunidade do franquismo.

Un total de cinco eurodiputadas e eurodiputados integran esta delegación parlamentaria europea. Así, forman parte da mesma Ana Miranda, do BNG; Miguel Urban, de Podemos; Izaskun Bilbao, do PNV; Jordi Solé, de Esquerra; e Jill Evans, do Plaid Cymru de Gales.

O programa que desenvolverán os europarlamentarios comezará o xoves, 3 de maio, cunha cea-debate organizada pola “Fundación Galiza Sempre” e con asociacións de memoria histórica, así como cos autores do libro “Meirás: Un pazo, un caudillo, un espolio”, editado por esta fundación. A visita ao Pazo de Meirás, pola súa banda, terá lugar o venres, 4 de maio, onde os eurodeputados poderán coñecer as estancias do inmoble propiedade de la familia Franco.

O mesmo día, 4 de maio, a delegación europea reunirase asemade coa vicepresidenta da Deputación de A Coruña, Goretti San Martín, peza clave no impulso da creación da Comisión Pro-Devolución do Pazo.

Finalmente, a visita inclúe un percorrido polos espazos da memoria da cidade de A Coruña, entre os que figuran o Campo da Rata a Casa Cornide, que será realizado o venres 4 de maio pola tarde.

Dar a coñecer a impunidade do franquismo

Un dos principais obxectivos desta delegación, así como do Grupo de Memoria Histórica do Parlamento Europeo consiste en dar a coñecer e denunciar internacionalmente a situación de impunidade da que goza o franquismo en España. Precisamente neste contexto enmárcase a visita internacional que eurodiputados de diferentes grupos políticos realizaron ao val de Cuelgamuros e ao cemiterio de San Lorenzo de El Escorial o pasado mes de marzo.

Unha delegación internacional de eurodiputados visitará o Pazo de Meirás