Boicot + Desinvestimentos + Sancións
Paremos o xenocidio en Palestina
Hoxe mércores 15 de maio, un día de significado histórico para Palestina, unha voz de solidariedade e resistencia alzarase na Praza das Conchiñas, na Coruña. Organizacións como BDS Coruña, xunto con sindicatos como CGT, CUT, Sindicato de Elevación, CNT, Sindicato de Estudantes e a Asociación Veciñal da Agra do Orzán, convocan a unha concentración ás 19:00 horas, en memoria da Nakba, o "desastre" ou "catástrofe" que supuxo a limpeza étnica das palestinas por parte de Israel en 1948.
Este acto de conmemoración servirá para lembrar as mártires palestinas, vítimas das masacres perpetuadas pola ocupación israelí desde a Nakba. Fotos das mulleres que perderon a súa vida en actos de violencia serán expoñidas, recordando así a súa loita e sacrificio.
Ademais da denuncia contra o xenocidio en Palestina, os sindicatos e traballadoras galegas responden ao chamado dos sindicatos palestinos, instando a detener o apoio armamentístico a Israel e a rematar con toda complicidade co sionismo. Unha chamada á solidariedade internacional e á interrupción do ciclo de violencia e opresión que perpetúa a ocupación e apartheid en Palestina.
A Nakba non foi simplemente un feito histórico, senón o inicio dunha diáspora palestina que aínda hoxe perdura. A chave das súas vivendas, conservada como símbolo de esperanza de retorno, será lembrada nesta concentración como unha promesa de resistencia e perseveranza.
É crucial deter ao sionismo e aos seus cómplices occidentais, facendo fincapé no recente ataque a Rafah por parte de Israel. A comunidade internacional debe actuar para garantir os dereitos da poboación palestina e contribuír á liberación dos pobos oprimidos.
Viva a loita do pobo palestino! Viva a solidariedade internacional!