Educación
A Plataforma de Infancia de Galicia (POIG) reclama unha presencialidade nas aulas segura xa que garante a equidade entre o alumnado
O martes 16 de marzo presentouse en Galicia o informe “Cole Seguro: a seguridade da educación en Galicia durante o primeiro trimestre do curso 2020/2021”.
Na presentación participaron:
- pola plataforma nacional: María Rodríguez, Especialista en Educación de la Plataforma de Infancia de España
- pola plataforma gallega: Xesús Vilas, presidente; Mónica Viqueira, vicepresidenta e portavoz do grupo de incidencia política
O Goberno de España investiu 2.000 millóns de euros para a recuperación en materia de educación a través do fondo COVID-19. Galicia recibiu 591 millóns.
O obxectivo deste informe foi saber en que se investiu este diñeiro; que medidas leváronse a cabo nos centros educativos; e que percepción teñen os profesores, equipos directivos e familias das medidas aplicadas.
Destacar que o informe revela que a pandemia agravou as desigualdades, que seguen sen estar debidamente atendidas. En Galicia, un 50% da poboación opina que non se tomaron medidas para que todos os nenos e nenas sigan coa súa educación. Ademais o 52% da poboación considera que a educación dixital no seu centro está a ser regular ou deficiente.
Por outra banda, as conclusións e recomendacións deste proxecto céntranse en cinco grandes áreas: equidade educativa; seguridade; educación dixital; saúde mental; transparencia.
O proxecto Cole Seguro está impulsado pola Plataforma estatal de Infancia e Political Watch e contou en Galicia co asesoramento da Plataforma de Infancia de Galicia (POIG).