Para que a renda inclúa ás persoas en situación administrativa irregular
Renda Social Municipal: entrega de alegacións
O Foro Galego de Inmigración da Coruña presentará mañá venres ás 11:30h no Centro Social Ágora as alegacións recollidas para mellorar a ordenanza da Renda Social Municipal.
29 jul 2016
O Foro Galego de Inmigración presentou a súa alegación inicial o pasado 15 de xullo á vez que mantivo aberta unha vía de diálogo co goberno municipal.
Mañá faremos entrega das alegacións que nos chegaron por parte de colectivos e particulares como mostra de apoio ás persoas en situación de irregularidade administrativa.