medio ambiente

ADEGA convoca voluntarios para a eliminación de especies invasoras no río Tea

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) continúa as súas actuacións de xestión e control de especies exóticas invasoras nos espazos custodiados no marco do Proxecto Fluviatilis: custodia para a resiliencia. Na fin de semana do 1, 2 e 3 de marzo, convoca a participar nunha xornada de voluntariado para a eliminación destas especies no río Tea, no concello de Mondariz.
ADEGA convoca voluntarios para a eliminación de especies invasoras no río Tea
Cartaz Tea Fluviatilis
Cartaz Tea Fluviatilis

Mondariz, 26 de febreiro de 2024 - O Proxecto Fluviatilis busca concienciar sobre os problemas ambientais que ameazan os ecosistemas fluviais e implicar a cidadanía na súa xestión a través de accións de voluntariado ambiental. As inscricións poden realizarse cubrindo o formulario dispoñible na páxina web de www.adega.gal ou enviando un correo electrónico a [email protected].

A área de actuación elixida para esta xornada é o LIC Río Tea, onde se continuarán as tarefas de eliminación das especies invasoras Acacia dealbata, Acacia melanoxylon, Phyllostachys spp., Phytolacca Americana, Robinia pseudoacacia e Crocosmia x crocosmiiflora. Estas especies foron identificadas como unha ameaza para o ecosistema fluvial debido ao seu carácter invasor.

O programa da xornada inclúe a recepción do voluntariado no Albergue Alentea, unha formación sobre a problemática das especies invasoras e as técnicas de xestión ambiental. A xornada tamén prevé traballos de eliminación durante o sábado, seguidos dun xantar de campo e actividades de ocio. O domingo conclúe coa posta en común e avaliación dos traballos realizados, un xantar de campo e unha ruta polo río Alén.

O Proxecto Fluviatilis conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. As actividades de voluntariado, educación e sensibilización son parte integrante deste proxecto, que busca impulsar medidas para a mellora dos ríos.

ADEGA convoca voluntarios para a eliminación de especies invasoras no río Tea