Ecoloxistas en Acción | nota de prensa
As augas superficiais dos ríos están altamente contaminados por glifosato
Denunciamos que a Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil realiza CERO mostraxes de glifosato nos ríos da súa cunca mentres a Demarcación Galicia Costa, a cunca do norte de Galicia, realiza 116 puntos de mostraxe ou por exemplo as 173 mostraxes realizadas Demarcación do Duero.
- Das 116 mostraxes de glifosato realizadas na Demarcación Galicia Costa o 69,9% dan positivo e nalgúns casos con niveis de concentración de glifosato por enriba de 0,1mg..
- O glifosato é un herbicida utilizado masivamente en agricultura convencional catalogado pola Axencia Internacional de Investigación do Cancro (IARC) como probable canceríxeno en humanos, e tóxica para os organismos acuáticos, con efectos nocivos duradeiros.
- Os resultados do estudo mostran a ampla contaminación con glifosato das augas superficiais e a urxencia de prohibir o seu uso.
Este informe analiza a presenza de glifosato en só 10 das 17 demarcacións hidrográficas durante os anos 2017 e 2018, xa que MITECO unicamente dispón de datos sobre o glifosato de 10 das das 17 demarcacións hidrográficas españolas, dado que determinados organismos de conca, como a Confederación Hidrográficas do Miño Sil, non analizan glifosato nas augas da súa competencia. A isto hai que sumar que o MITECO non ten todas as analíticas realizadas polas autoridades responsables. Segundo Ecoloxistas en Acción, os datos -que foron proporcionados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) en resposta a unha petición da organización ecoloxista- subliñan as deficiencias da lexislación europea e española. Tamén a necesidade de que as administracións autonómicas e estatais actúen para reducir a contaminación deste praguicida no medio acuático.
As analíticas de glifosato realizadas polos organismos de conca durante os anos 2017 e 2018 confirman a elevada presenza nos nosos ríos do herbicida máis vendido no Estado español. Esta é unha das principais conclusións do informe ‘Glifosato. Unha praga para a saúde dos nosos ríos’, publicado por Ecoloxistas en Acción.
As análises mostran a presenza de glifosato nas dez demarcacións hidrográficas nas que se analiza este herbicida tóxico. No 29% das mostras detectouse a presenza de glifosato por encima do límite de detección. O 21% das mostras analizadas han superado o valor límite de 0,1 microgramos por litro (μg/l) que Ecoloxistas en Acción estableceu como referencia.
Á luz dos resultados do informe facemos tres recomendacións ao MITECO e ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación:
- Retirar a autorización á comercialización de produtos fitosanitarios que conteñan glifosato.
- Redactar normas harmonizadas para a mostraxe e a analítica de praguicidas por parte dos xestores das demarcacións hidrográficas.
- Asegurar que a recollida de información sobre presenza de praguicidas sexa máis completa e axustada á realidade e sirva, á súa vez, como punto de partida para protexer os nosos ríos ao medioambiente e ás persoas, da contaminación por glifosato.