Ecoloxistas en Acción | nota de prensa
Denuncian emanacións de metano e amoniaco dos vertedoiros das antigas minas de Touro
Ecoloxistas en Acción alerta da grave situación que están a sufrir a veciñanza das parroquias aledañas ao vertedoiro de lodos no que se converteron as canterias abandonadas de Touro.
A asociación veciñal de afectados ten denunciado ante o Concello de Touro a Xunta as continuas emanacións de metano e amoniaco procedentes das verteduras de lodos.
21 de abril de 2021.- Ecoloxistas en Acción denuncia o desamparo que está sufrindo a veciñanza afectada polo vertedoiro por parte das institucións. A pesar das mútiples denuncias interpostas pola asociación de afectados nin os departamentos da Xunta competentes nin o Concello de Touro mediaron para remediar esta grave situación de contaminación atmosférica causada polas verteduras de lodos e outros produtos nas canteiras abandonadas.
A organización ecoloxistas insta á Consellería de Medio Ambiente a adoptar medidas para controlar e remediar a contaminación atmosférica que denuncia a veciñanza de Touro. Segundo denuncia a propia veciñanza os cheiros son tan fortes que producen mareos, falla respiratoria e incluso desfalecementos. A veciñanza afectada non pode facer vida normal, xa que teñen que refuxiarse nas súas casas cando se produce un episodio de emanacións e deixar abandonadas as labores agrícolas.
Ecoloxistas en Acción lembra que o vapor de amoníaco é altamente tóxico e nocivo para a saúde, sendo severamente irritante aos ollos e o tracto respiratorio e podendo causar queimaduras e ceguera temporal. Altas concentracións de NH3 poden causar falla respiratoria e a morte. Non menos grave é a intoxicación por metano, este gas asfixiante pode provocar a perda de consciencia e a morte por insuficiencia cardiovascular.
A organización ecoloxista tamén demanda a Augas de Galicia a que realice controis para coñecer o alcance da contaminación causada polas vertedura nos regatos da zona e no humidais aledaños ao vertedoiro. Ademais reclaman a Dirección Xeral de Enerxía e Minas a asegurarse da conveniencia dos residuos que están a verterse para restaurar o espazo da canteira.