Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Denuncian a instalación dunha macrogranxa a menos de 500 m das casas en Silleda

Ecoloxistas en Acción denuncia que a Xunta de Galicia autorizou a instalación dunha macrogranxa porcina a escasos 350 m dun nucleo de vivendas en Silleda.

Denuncian a instalación dunha macrogranxa a menos de 500 m das casas en Silleda
macrogranja
macrogranja
Ecoloxistas en Acción recolle as denuncias de veciñanza de Breixa, Silleda, afectada pola instalación dunha macrogranxa de 2.000 porcos ao carón das súas casas. Dita instalación non só contou coa autorización da Xunta de Galicia senón que ademais Medio Rural concedeulle unha subvención de máis de cen mil euros. A macrogranxa, propiedade de Fertaporc S.C., no consta no rexistro de empresas contaminantes a pesar de estar obrigada pola súa dimensión. A veciñanza do lugar de Breixa denuncia que a macrogranxa está afectando gravemente á súa calidade de vida polo constante ruído e forte cheiro que teñen que aturar desde que entrou en funcionamento.

A organización ecoloxista ainala que coa proliferación das macrogranxas ademais dun grave impacto ambiental se está baleirando aínda máis o rural. A gandeiría industrial intensiva, con procesos altamente automatizados, apenas crea emprego, mentres que destrúe postos de traballo da gandeiría tradicional en extensivo ao facer competencia desleal, xa que as macrogranxas non se fan cargo do pasivo ambiental. O ano pasado realizouse un estudio que confirmaba que perdían poboación na maioría de concellos nos que se instalan macrogranxas.

Ecoloxistas en Acción demanda á Xunta que teña presente o desastre ambiental que está a sufrir a baixa Limia pola incesante concesión de autorizacións de macrogranxas sen planificación nin control da capacidade da comarca para aturar os vertidos desta industría tan contaminante. Alertan que se non se declara unha moratoria inmediata para frear a proliferación das macrogranxas, comarcas rurais como o Deza poden rematar noutro desastre ambiental igual que na Limia.

Denuncian a instalación dunha macrogranxa a menos de 500 m das casas en Silleda