Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Denuncian que a Xunta pon en risco a seguridade cidadá coa liberación da caza do xabarín

Ecoloxistas en Acción Galiza califica de temeraria e anticientífica a medida aprobada pola Xunta de Galicia pola cal se libera por completo a caza do xabarín en 200 concellos, sen cota de extracción e sen período de caza.

Denuncian que a Xunta pon en risco a seguridade cidadá coa liberación da caza do xabarín
Xabarín
Xabarín
A organización ecoloxista advirte que son diversos os estudos científicos, algúns deles feitos en Galicia, que asocian a siniestralidade nas vías de comunicación terrestre con especies cinexéticas. Así, o número de accidentes de tráfico con xabaríns ou corzos aumentan no período de caza cando os animáis de ven desprazados fuxindo dos cazadores dende os seus territorios habituais.

En ditos estudos aseguran que a resposta de especies como o xabarín perante á presión cinexética exercida polo ser humano é adiantar o período fertil das femias e aumentar a tasa de natalidade. Deste xeito un aumento da presión cinexética sobre o xabarín, lonxe de controlar a súa poboación, provoca un aumento da mesma.

Ecoloxistas en Acción pon o foco tamén na seguridade do resto de usuarios dos montes galegos: “Pode a Xunta de Galicia garantir a seguridade de senderistas ou turistas cun período de caza extendido durante todos os días do ano? Cómo vai repercutir esta medida en zonas de turismo interior como a Ribeira Sacra ou As serras Orientais como Ancares, Courel ou Trevinca?” pregunta Alberto Riveiro, voceiro de Ecoloxistas en Acción Galiza, xa que a liberación da caza do xabarín provocará un aumento dos accidentes de tráficos asociados á especie e un risco claro para a vida das persoas que paseen polo monte.

A organización ecoloxista reclama a instalación de pasos de fauna nos puntos de concentración de atropelos de fauna e a protección estricta do lobo en todo o territorio galego.

Ecoloxistas en Acción amósase sorprendido de que a Xunta de Galicia opóñase á protección do lobo anunciada polo Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico para este mes de setembro e ao mesmo tempo anuncie unha suposta superpobocación de xabarín e corzo, principais presas do lobo. Para o control destas especies o máis doado, económico e seguro é protexer o lobo e non converter o monte galego nun campo de batalla entre o home e a fauna autóctona galega.

A idade media dos cazadores en galicia é superior aos 60 anos e sucédense “accidentes de caza” a cotío.  Por iso sinalan que a Xunta será o responsable das vítimas humanas desta guerra absurda contra a fauna. Ademais resaltan as batidas non van estar controladas, xa que sen reforzos a gardería medioambiental carece de medios humanos e materiais para asumir unha batida permanente de caza no 60% do territorio.

Ecoloxistas en Acción reclama a obrigatoriedade de controis de alcolemia e drogas tanto previos como posteriores á realización de calquera actividade cinexética e o reforzamento da gardería medioambiental con medios humanos e materias da gardería medioambiental. Lembran que na actualidade hay un exiguo número de axentes medioambientais enfrontándose a un exército de cazadores nada máis que provistos dunha libreta e un bolígrafo. Carecen alcolímetros para garantir unha tasa 0 de alcol no exercicio da caza, e con diversas terefas máis que facer como o control da pesca, das verteduras ilegais ou dos incendios.

Ecoloxistas en Acción reclaman un estudio científico, serio e independente que estude se realmente existe unha superpoboación de xabarín en Galicia antes de decretar a masacre indiscriminada desta especie.

Denuncian que a Xunta pon en risco a seguridade cidadá coa liberación da caza do xabarín