ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES | NOTA DE PRENSA
Día da loita da veciñanza comuneira na defensa do monte veciñal
Con estos actos conmemorativos a Organización galega de comunidades de montes e o Instituto Galego das Terras Comunitarias queren rendir homenaxe á veciñanza comuneira pola súa loita na defensa do monte veciñal. Unha loita de resistencia contra o expolio das terras comunitarias que tivo o seu suceso mais tráxico o dia 22 de xaneiro de 1963 no monte veciñal de Eirón, concello de Mazaricos. Ese fatídico día, o veciño comuneiro Xose Esperante, apodado "Che de Pedro", foi asasinado polas forzas do orde público cando xunto con outros veciños/as comuneiros/as tentaban impedir que as maquinas do Patrimonio Forestal Español entrasen no seu monte veciñal co fin de botar o gando e proceder a facer unha plantación de eucaliptos.
PROGRAMA DE ACTOS:
- 11:00 Horas:
- Recepción do alcalde de Mazaricos
- Saúdo do presidente da ORGACCMM
- Presentación da Unidade Didactica “Terras comunitarias/montes veciñais” a cargo do Pte do INGATECO.
- 12:15 Horas
- Desplazamento ata o monte veciñal de Eirón, lugar dos sucesos acaecidos no ano 1963 e onde está situado o monumento conmemorativo.
- 13:00Horas:
- Acto conmemorativo do "día da loita da veciñanza comuneira na defensa do monte veciñal".
- Presentación e intervención do presidente de INGATECO
- Intervención do presidente da ORGACCMM
- Ofrenda floral
- Himno Galego
NOTA: Para facer o desplazamento desde o salón de actos do concello de Mazaricos ate o monte veciñal de Eirón disporase de autobuses. Quen queira facer uso dos mesmos debe comunicalo ao mobil 649137135 antes do día 19 de Xaneiro