Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Xunta admite agora que a mina de San Finx precisa dunha avaliación ambiental

Ecoloxistas en Acción reclamará responsabilidades persoais a funcionarios e altos cargos se non se estabelecen os avais económicos necesarios

Queda en evidencia como a Xunta facilitou a evasión de Sacyr, que deixa unha mina falida nas mans dunha empresa opaca

Xunta admite agora que a mina de San Finx precisa dunha avaliación ambiental

A Xunta de Galicia ven de admitir hoxe que a actividade mineira en San Finx só pode reiniciarse cunha avaliación de impacto ambiental, logo de case 7 anos a varias imputacións de altos cargos por negar ese extremo, incluindo a do ex-director xeral de enerxía e minas Ángel Tahoces. O súpeto cambio de opinión prodúcese apenas unha semana despois de a concesionaria do grupo Sacyr fose vendida a unha empresa opaca australiana controlada desde os paraísos fiscais das Illas Virxes e Hong Kong.

Nunha reunión celebrada hoxe en San Caetano co Vicepresidente segundo e as conselleiras de Infraestruturas e do Mar, a Xunta pretendeu trasladar aos alcaldes da comarca que non sabía da manobra evasiva de Sacyr, que era un segredo a voces e que precisamente posibilitaron eses mesmos altos cargos coa tramitación exprés dunha autorización de vertidos condenada ao fracaso na ausencia de avaliación de impacto ambiental.

Ecoloxistas en Acción enviou a semana pasada unha carta ao Presidente da Xunta advertíndoo da gravidade da situación e urxíndoo a impor garantías financeiras que evitasen a evasión de Sacyr. Esta semana a organización ecoloxista está enviando oficios aos funcionarios e autoridades instructores advertíndoos de que serán responsábeis co seu patrimonio persoal no caso de abandono da mina, se non se imponen aos titulares os avais económicos necesarios para facer frente ás responsabilidades ambientais da mina.

Xunta admite agora que a mina de San Finx precisa dunha avaliación ambiental