Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Ecoloxistas en Acción acusa á mineira de San Finx de mentir abertamente e difundir “fake news”

Ecoloxistas en Acción alerta que Rafaella Resources insiste en que as presas de residuos mineiros “non forman parte da mina”, o que xa desminteu a propia Administración

Ecoloxistas en Acción acusa á mineira de San Finx de mentir abertamente e difundir “fake news”

A organización ecoloxista considera “temeraria” a pretensión da Xunta de conceder autorización de vertido a unha empresa sen capacidade técnica nin económica


22 de febreiro de 2022.- Ecoloxistas en Acción sae ao paso da campaña de desinformación e noticias falsas que veñen lanzando a empresa australiana Rafaella Resources xunto con Valoriza Minería, que continúa tentando desfacerse do lastre ambiental que supón a polémica mina de estaño e volframio de San Finx, en Lousame.

Nun recente comunicado de Rafaella Resources e Valoriza Minería, as empresas afirmaban que as coñecidas presas de residuos mineiros, a maior das cales protagonizou un desastre ambiental en 1960 cando romperon as súas comportas, “non forman parte da mina”. Isto a pesar de que xa en 2019 Augas de Galicia emitiu un “Informe sobre a titularidade das presas San Finx” que concluía “que a xestión, explotación e mantemento das dúas presas era realizada pola empresa mineira” e que “o uso destas balsas foi de tipo mineiro e non para almacenamento de auga”. As presas aparecían nos plans de labores mineiras ata que estes se deixaron de presentar no ano 2000, co abandono absoluto da explotación.

As dúas empresas implicada en San Finx tamén afirman que a existencia de augas altamente contaminadas por substancias tóxicas é “unha situación xerada de forma natural”, pretendendo ignorar o coñecido fenómeno das drenaxes ácidas de mina, prácticamente universal na minaría metálica, e que Sacyr xa tentou ocultar con informes do profesor xubilado Felipe Macías, que fabricaban un suposto “fondo natural de metais”. Augas de Galicia tamén rebatiu esta mentira mediante un informe de 238 páxinas elaborado polo equipo do Catedrático da Escola de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, Javier Samper, que concluirá que a explicación de Macías “carece de suficiente fundamento e xustificación”.

A organización ecoloxista acusa ás mineiras de espallar desinformación, pois no seu recente comunicado afirman que “se encontra en fase de exposición ao público o proxecto de restauración das presas”, cando en realidade o periodo de exposición pública finalizou en decembro, como ben saben as empresas logo de recibiren centos de alegacións de confradías de pescadores, concellos, organizacións ecoloxistas e persoas afectadas.

Frente ás mentiras e “fake news” da mineira de San Finx, Ecoloxistas en Acción demandan á Xunta que finalice o procedemento de autorización de vertidos que xa supera os 6 anos de trámite, resultando temerario dar luz ver a unha empresa sen capacidade técnica nin económica para por en funcionamento unha mina que pode causar un impacto ambiental significativo sobre toda a ría de Muros e Noia.

Ecoloxistas en Acción acusa á mineira de San Finx de mentir abertamente e difundir “fake news”