Ecoloxistas en Acción | nota de prensa
Ecoloxistas en Acción alerta que o Camiño Primitivo, patrimonio da humanidade, pode ser “atropelado” pola Xunta de Galicia e o Concello da Fonsagrada
Ecoloxistas en Acción Galiza alertamos que a Xunta de Galicia e o Concello de Fonsagrada aprobaron o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Fonsagrada, que este Plan empraza un Polígono Industrial que afecta de maneira considerable o Camiño Primitivo, declarado Patrimonio da Humanidade da Unesco.
Ecoloxistas en Acción Galiza xunto con un grupo de veciños solicitou ao ICOMOS (Comité Nacional Español do Consello Internacional de Monumentos e Sitios) informe ante esta situación, unha vez analizada; ICOMOS emite un INFORME SOBRE A AFECTACIÓN ó CAMIÑO PRIMITIVO DE SANTIAGO DO POLÍGONO INDUSTRIAL DA FONSAGRADA E A súa ROTONDA DE ACCESO.
Neste informe contémplase a posibilidade da súa localización en, polo menos, tres lugares distintos e próximos ao núcleo urbano.
A elección da actual localización só xustifícase por intereses partidistas da Xunta de Galicia e do Concello da Fonsagrada.
Segundo este informe NON É VIABLE o emprazamento onde se pretende construir este Polígono Industrial.
No Plan Xeral de Ordenación Municipal da Fonsagrada non se aprecia sensiblemente a necesidade inmediata deste Polígono, tendo en conta que a 30 Km. en Cádavo-Baleira leva máis de 10 anos construído un Polígono industrial, no que soamente se construíron dúas naves, unha que serve de almacén e a outra sen ningún tipo de actividade, estando mellor situado que o da Fonsagrada, a 15 Km. da Autovía A Coruña — Lugo — Madrid e a 30 Km. de Lugo.
Ademais a 15 km do Polígono de Cadavo-#Baleira constrúese o Polígono Industrial de Castroverde, que leva máis de 5 anos executado e con só dúas naves construídas sen ningún tipo de actividade, e mellor situado que os anteriores.