Ecoloxistas en Acción | nota de prensa
Continuan os vertidos da balsa mineira de Bama en Touro ás augas do dominio público hidraúlico
Ecoloxistas en Acción denuncia os continuos vertidos de lixiviados ao río do Burgo procedentes da balsa mineira de Bama en Touro.
Ecoloxistas en Acción denunciou ante Augas de Galicia e o Seprona que se están producindo contínuos vertidos de lixiviados procedentes da balsa mineira de Bama situada nos terreos da mina de Touro, pertencentes ao grupo Explotaciones Gallegas.
A organización ecoloxista sinala que as chuvias desbordan unha vez máis as balsas mineiras na contorna do denominado Humidal de Bama espallando os residuos e lixiviados polos camiños e regatos da zona. As escorrentías de augas de cor escura, fétidas e con abundante espuma están contaminando o río do Burgo, afluente do río Brandelos e este último, tributo do río Ulla.
Ecoloxistas en Acción ten alertado que nos terreos indicados a empresa propietaria, deposita diariamente toneladas de residuos que denomina “tecnosoles” nos ocos mineiros e nas ladeiras entre as que se atopa o coñecido Humidal de Bama e as suas cortas. O amoreamento de residuos que chaman “tecnosoles” e o recrecido das balsas mineiras sen control son os causantes dos continuos vertidos de lixiviados ao dominio público hidraúlico.
A organización ecoloxista lembra que non é a primeira vez que isto sucede, nin a primeira vez que se denuncia, polo que agarda que a administración competente adopte sin más demoras as medidas necesarias para impedir que prosigan estes vertidos e a contaminación das augas da zona afectada.