ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES | NOTA DE PRENSA
Reunión co Ministerio para facilitar a constitución de comunidades enerxéticas locais
A Orgaccmm xuntouse co Ministerio de Transición Energética y Reto Democrático para solicitar que as comunidades de montes poidan ser comunidades enerxéticas.
As comunidades de montes galegas levan décadas custodiando o territorio e facendo un aproveitamento enerxético do monte mediante a xestión da biomasa para calefactar as casas particulares da veciñanza comuneira.
En plena crise climática, as comunidades de montes son pezas claves para a transición queren sumarse á transición enerxética mediante a constitución de comunidades enerxéticas locais e o desenvolvemento de plantas de enerxías renovables. A instalación de plantas fotovoltaicas nos tellados, como na Comunidade de montes de Tameiga, é o aproveitamento máis usual, pero tamén hai iniciativas baseadas no aproveitamento minihidraulica hidráulico ou eólico mediante pequenos muiños molinos.
Na reunión co IDAE, Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía dependente do Miterd, os representantes deste organismo público foron coñecedores do xeito de xestión asamblearia das comunidades de montes galegas, unha organización comunal que encarna perfectamente a gobernanza comunitaria para a creación e consumo de enerxía que se pretende fomentar a través das comunidades enerxéticas.
A negativa do Goberno galego de recoñecer lexislativamente a figura de propiedade comunal imposibilita ás comunidades de montes para ter unha personalidade xurídica propia que lle permita optar a constituirse como comunidades enerxéticas. Por iso, son tan importantes estas conversas co ministerio. Así nesta última reunión acadouse o compromiso por parte do IDAE de buscar o encaixe legal para que na normativa que regula ás comunidades enerxéticas figuren expresamente as comunidades de montes galegas como de pleno dereito a constituirse en comunidades enerxéticas.