ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES | NOTA DE PRENSA

Reunión cos grupos parlamentarios para unha lei que preserve os montes veciñais

Unha representación da Organización galega de comunidad de montes mantivo reunións no Parlamento coas tres forzas políticas con representación
Reunión cos grupos parlamentarios para unha lei que preserve os montes veciñais
photo_2022-04-06_20-45-39
photo_2022-04-06_20-45-39

Trasladaron aos grupos parlamentarios galegos a necesidade de preservar a xestión comunitaria do monte vecinal para ter un aproveitamento sostible dos recursos e que o monte non sexa pasto da industria madeireira. 

La Organización galega de comunidad de montes (ORGACCMM) mantivo contactos este mércores 6 de abril coas tres grupos parlamentarios: BNG, PSOE e PP no Parlamento Galego co motivo co gallo de acadar o respaldo parlamentario a súa iniciativa de lei sobre montes veciñais.Unha iniciativa lexislativa que pretende preservar o carácter comunal e intransferible dos montes veciñais e que se recoñeza a propiedade comunal como unha titularidade distinta, pero en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas. Outra reivindicación que recolle a iniciativa lexislativa é a declaración dos montes veciñais como unha figura de protección medio ambiental e cultural en si mesma. As comunidades de montes galegas son as primeiras valedoras dun monte funcional e unha silvicultura sustentabel.

Na conversa co grupo do Bloque Nacionalista Galego púsoxe de manifesto a importancia das comunidades de montes como dinamizadoras do rural pola súa xestión democrática dos recursos. A custodia do territorio é intrínseca a autoorganización asamblearia da veciñanza comuneira. Na posterior reunión co Partido Socialista insistiuse na necesidade de manter o carácter comunal da xestión dos montes vecñais. Neste sentido a ORGACCMM propón que se algún monte veciñal carece de poboación suficiente para xestionalo se traspase temporalmente a súa xestión á unha comunidade de montes aledaña e non se entregue sen máis a unha empresa madereira como pretende o Partido Popular coas súas modificacións leislativas.

No derradeiro encontro da mañá, a Organización galega de comunidad de montes reuniuse con deputados do Partido Popular. A pesar de ser a única forza política coa que hai un desencontro evidente no xeito de xestionar o monte veciñal, alomenos acadouse o compromiso por parte dos populares de contar coa ORGACCMM como principal interlocutor sectorial para a reforma da lei de montes que quere tramitar en breve o goberno da Xunta.

Despois das xuntanzas, a ORGACCMM sae aínda máis decidida a buscar o respaldo da sociedade galega para que o Parlamento tramite a ILP rexistrada por esta organización para preservar os montes veciñais e manter vivo o rural.

Reunión cos grupos parlamentarios para unha lei que preserve os montes veciñais