A iniciativa Acampa, pola paz e o dereito ao refuxio, podería saltar o charco na súa próxima edición e replicarse, simultaneamente, en Brasil

Acampa 2019 se centrará na problemática das mulleres refuxiadas

“Después de estos tres días de actividades, encuentros, debates, e imágenes de la dura realidad que atraviesan las personas en busca de refugio, podemos asegurar que la ciudadanía quiere dar respuesta a ese reto de una manera humana, absolutamente alejada a la línea que están aplicando muchos países europeos”,  asegura Xosé Abad, coordinador de Acampa 

Acampa 2019 se centrará na problemática das mulleres refuxiadas
RedeAcampa
Rede Acampa e persoas organizadoras do evento. Imaxe de Acampa.eu
  • Os próximos meses, membros do movemento Acampa reuniranse con representantes de todas as forzas políticas no Parlamento Galego, Español e Europeo, para conseguir que se recoñeza e dote de amparo normativo a figura de Refuxiado por Cambio Climático 
  • As voces que se levantaron en Acampa denunciaron a  criminalización deliberada das ONGs por parte dos estados (o do  Aquarius é un ‘aviso a navegantes’, vai repetir, segundo Anabel Montes, de  Proactiva  Open  Arms);  a “brutalidade dos  CIES, terra de ninguén, infinitamente peores que os cárceres”, segundo o xuíz García de Dios, ou a realidade  palmaria dos efectos do cambio climático que está  tranformando ou facendo desaparecer países… (os fotógrafos  Armestre, Moreiras,  Daesung Lee...)
     
  • As exposicións de Pedro Armestre, Juan Pablo Moreiras, Alessandro Grassani, Daesung Lee, Lisa Murray, Ariadna Silva e do colectivo Everyday Climate Change permanecerán abertas no Kiosco Alfonso, a sala Salvador de Madariaga e no Cantón ata o 25 de xullo

Reconfortante confirmar que a cidadanía entende e  descodifica correctamente a realidade dos movementos migratorios, fronte aos aires reaccionarios que se perciben en boa parte dos gobernos europeos. Esa é a conclusión dos organizadores da iniciativa Acampa, que esta semana (do 14 ao 16 de xuño) transformou os xardíns de Méndez Núñez coruñeses nun campo de refuxiados e nun espazo para a reflexión. “Despois destas xornadas de actividades e encontros con expertos, sabemos que a cidadanía coruñesa quere dar resposta, dunha maneira humana, ao reto das migracións que se están vivindo”, explica o seu coordinador, Xosé Abad. A fórmula do movemento, pois, é acertada, “para desmontar as falsas versións oficiais que se dan desta problemática, aquelas que falan de efecto chamada, de incapacidade do primeiro mundo para acoller, da arribada de delincuentes…”. Así as cousas, o movemento pon agora o foco no que será Acampa 2019. Se este Acampa centrouse nos refuxiados por cambio climático, a próxima edición programarase sobre “as mulleres refuxiadas”.

 

 “É necesario  internacionalizar a resistencia fronte aos mecanismos de  mercantilización da vida”

Ademais, é moi probable que a iniciativa cruce o charco e se  replique, simultaneamente en Brasil, coa implicación dos países de fala portuguesa. Ese é o compromiso adquirido polo profesor Marcos  Sorrentino da Universidade de  Sao Paulo (biólogo e pedagogo, experto en educación ambiental e coordinador do laboratorio de Educación e Política Ambiental da  Escola Superior de Agricultura  Luiz de Queiroz) convidado a Acampa 2018.

Sorrentino pretende exportar ata o seu país o modelo de Acampa. “Estando aquí estes días, comprobamos a converxencia da filosofía de Acampa coas nosas áreas de actuación, centradas na loita pola terra e a xustiza social”, explica  Sorrentino. “Sabemos, como se falou aquí estes días, sobre a necesidade da educación ambiental, da conservación do medio ambiente como única fórmula para protexer o futuro de millóns de persoas ás que, se non, abocamos a migrar”. O experto asegurou que é necesario “ internacionalizar a resistencia fronte aos mecanismos de mercantilización da vida”. Por iso, concluíu, “buscaremos a maneira de articular un Acampa no noso país e implicar aos oito países de lingua portuguesa, cinco deles, ademais, no continente africano”.

As mensaxes e as conclusións que emanaron estes días en Acampa 2018 foron claros e contrapostos, a maior parte das veces, ao  argumentario oficial dos estados europeos que pechan fronteiras e se desentenden dun problema que eles mesmos crearon.

O importante é que Italia sexa sancionada por incumprir a normativa internacional, asegura Montes

Neste foro, confirmouse a interesada política de  criminalización das ONGs que operan no Mediterráneo salvando vidas. “O retención do barco de  Open  Arms, as denuncias contra os bombeiros sevillanos, a acusación contra Helena  Maleno, de Caminando Fronteras, en Marrocos, ou o que acaba de pasar co  Aquarius son un claro aviso a navegantes”, alerta Anabel Montes, xefa de misión de  Open  Arms. “Nese escenario non queren testemuñas”, explicou, insistindo, con todo en que o importante non é que o goberno español  acoga a eses 600  migrantes –que o é- senón que Italia saltouse as leis que ela mesma aprobou”. Montes insistiu en que Italia debe ser xulgada e sancionada; “non debe permitirse que se asente a mensaxe de que a decisión fascista dun ministro é un éxito do país e non ten  consencuencias”.

“A inmigración ilegal é funcional, útil para o sistema económico europeo”

O xuíz que durante máis dunha década foi responsable do  CIE de  Aluche, en Madrid, Ramiro García de Dios,  unha voz tan cualificada como crítica co sistema dos centros de internamento de estranxeiros, asegurou que este tipo de centros deberían pecharse; “son espazos dunha brutalidade atroz, moito peores que os cárceres do noso país, nas que todo está máis regrado”. García de Dios insiste en que Europa ten capacidade de acollida, hai que permitirlles que poidan buscar traballo, “pero non interesa porque a inmigración irregular é funcional para o sistema económico; a economía sumerxida nútrese de ela”. “Hai que considerar ao  migrante como pobo constituínte”, concluíu.

Sobre os devastadores efectos do cambio climático, que impoñen a millóns de persoas a fuxir dos seus poboados e países, os fotógrafos convidados por Acampa téñeno claro. Pedro  Armestre  radiografiou a seca e a fame de Somalia; Juan Pablo Moreiras, os efectos da presión do home sobre os maltreitos espazos naturais que esquilman recursos e levan á extinción a decenas de especies que son imprescindibles para a propia supervivencia humana.  Daesung LeeAlessandro  Grassani trouxeron  ata A Coruña as terras que se desvanecen en Mongolia, Bangladesh, Quenia… polo aumento do nivel do mar, os efectos do desxeo e como todo isto está a formar guetos “invivibles” nos cintos das urbes deses países, incapaces de absorber a esas poboacións  migrantes cuxas habilidades (campesiños, gandeiros…) non teñen cabida na cidade.

Toda a información en www.acampa.eu

 

Acampa 2019 se centrará na problemática das mulleres refuxiadas