Acampa pola paz e o dereito a refuxio

A barbarie que Israel está a exercer sobre Gaza protagoniza o cartaz do Encontro Internacional ACAMPA 2024 “Infancia e Mocidade Refuxiada"”

O equipo coordinador de Rede Acampa ultima estes días o programa da que será a oitava edición dos seus Encontros Internacionais. O obxectivo, convidar á cidadanía para reflexionar sobre a violencia, os medos e a morte á que se enfrontan millóns de nenos e nenas que permanecen en territorios en guerra, atrapados pola fame, a seca, os desastres naturais… En definitiva, a entender porqué camiñan á procúra de refuxio, soñando cun futuro posible.

​As mostras fotográficas permanecerán en Xardíns ata o 30 de xuño.

A barbarie que Israel está a exercer sobre Gaza protagoniza o cartaz do Encontro Internacional ACAMPA 2024 “Infancia e Mocidade Refuxiada"”
Cartaz ACAMPA2024 r
Cartaz ACAMPA2024 r

A Coruña, 11 de marzo de 2024.- A realidade imponse. Se o tema troncal sobre o que discorrerá o Encontro Internacional Acampa pola Paz 2024 (do 7 ao 9 xuño, na Coruña) é a “Infancia e Mocidade Refuxiada”, como non mirar cara a Gaza, cara a Ucraína, cara á fronteira sur, cara a Afganistán, Iemen… O equipo de coordinación de Rede Acampa última estes días o programa do que será a oitava edición desta cita reflexiva sobre os DDHH e o Dereito a Refuxio, unha proposta que desde 2017 celébrase anualmente na Coruña e que converte a cidade nun referente nacional do xornalismo humanitario e do compromiso na defensa dos DDHH.

Nesta edición, seleccionar a imaxe do cartel anunciador de Acampa2024 foi moi fácil. O fotógrafo palestino Majdi Fathi regala o mellor resumo da desolación e a esperanza ao tempo, ao fotografar a ese neno salvando dos entullos os seus libros e cadernos, agarrándose á normalidade e ao futuro arrebatados polas bombas israelitas que converteron en cascallos toda a súa vida, enterrando en segundos a súa infancia.

Durante eses días, os Xardíns de Méndez Núñez serán o espazo no que se confirme de novo que A Coruña é unha cidade sensible á dor humana. Especialistas, activistas, fotógrafos e fotógrafas especializadas en Xornalismo Humanitario, ONGs, documentais, música…conformarán o programa de ACAMPA2024. Tamén haberá de novo o que é xa o seu aceno de identidade, un campo de persoas refuxiadas simulado que, nesta edición, permitiranos entender como están actualmente millóns de persoas desprazadas dentro da Franxa de Gaza, sobrevivindo sen auga, sen comida e sen pertenzas baixo os ataques e o acoso permanente de Israel. As sete exposicións que na presente edición están programadas continuarán nas rúas ata o 30 de xuño.

En shock emocional, sen dereito a ser nenos, criminalizados

Os datos de ACNUR do ano 2023 son alarmantes. A cifra de persoas desprazadas forzosamente supera xa os 114 millóns de persoas. A metade desa cifra son nenos e nenas menores de 18 anos, unha infancia vulnerable constantemente en tránsito. En moitas ocasións chegan sen familia, ou a perden no proceso migratorio, están enfermos, en shock emocional, son criminalizados, ven obrigados a renunciar, durante anos, ao seu dereito para escolarizarse, a aprender… En definitiva, a medrar como debe facelo calquera neno. As organizacións humanitarias que traballan en moitos destes campos e espazos de atención e acollida –Sudán, Bangladesh, Afganistán, Siria, Gaza, as illas italianas e gregas, as Canarias, Ceuta, Melilla, o paso do Darién, a fronteira entre México e EEUU...- alertan desde hai anos dos riscos que corren neses tránsitos: deterioración da súa saúde tanto física como mental, secuestros, explotación sexual, tráfico de órganos…

Rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio quere ser, de novo, o altofalante para a reivindicación colectiva que esixa accións urxentes, a nivel internacional, imprescindibles para minimizar o dano e para facilitar a incorporación desa infancia e mocidade, canto antes, a unha vida digna. Cada día somos testemuñas de como os menores non acompañados convértense en moeda de cambio, en pedra de toque, en ‘armas humanas’, nun problema que dentro de cada país receptor ninguén quere resolver seriamente apostando por políticas públicas tan necesarias e urxentes como posibles.

 

Este Encontro Internacional, mantén Rede Acampa, debe servir para que a sociedade civil levante a voz e esixa aos gobernos a garantía dunha lexislación específica que asegure a protección dos dereitos da infancia e a adolescencia, no marco legal e regulatorio dos Dereitos Humanos. “Non podemos seguir normalizando as devolucións en quente ou a transferencia da nosa responsabilidade na atención migratoria, externalizando as fronteiras e pagando cos nosos impostos a estados antidemocráticos para que actúen como auténticos matóns, violando os Dereitos Humanos a diario”, conclúen.

A barbarie que Israel está a exercer sobre Gaza protagoniza o cartaz do Encontro Internacional ACAMPA 2024 “Infancia e Mocidade Refuxiada"”