Persoas refuxiadas
Campaña de apoio a familias de persoas refuxiadas
Dentro do programa de acollida ás persoas refuxiadas sirias fuxidas da guerra e traídas a España para a súa protección e integración, actualmente hai dúas familias nun estado de total desprotección, abandono e nunha situación de vulnerabilidade extrema.
A administración pública incumpriu a maior parte dos compromisos establecidos para unha integración completa, digna e durable, descoidando aspectos tan básicos como a aprendizaxe do idioma e tan fundamentais como o apoio psicolóxico, a asistencia sanitaria ou o apoio legal e administrativo, imposibilitando que poidan atopar medios de vida que lles permitan ser autosuficientes.
Actualmente e sen previo aviso retiróuselles toda a axuda, deixándoas nunha situación de total desamparo e confusión: sen recursos, sen posibilidades económicas e sen apoio para a identificación dun itinerario laboral fundamental para a súa integración.
A situación actual é desesperada xa que ademais estas persoas están traumatizadas, moi afectadas psicoloxicamente polas vivencias da guerra.
Por todo isto, Acampa fai un chamamento á cidadanía para solidariamente paliar o que as institucións non fixeron.
______________________________
PODES FACER A TÚA DACIÓN NO Nº DE CONTA:
- Asociación Sociocultural Acampa
- ES46 1491 0001 2530 0007 7549
- - Indicando no ingreso: o teu CORREO ELECTRÓNICO / FAMILIAS REFUXIADAS
- - O diñeiro recadado será entregado as familias directamente.
- - Recibirás no teu correo, información do resultado da campaña.
- - Esta campaña remata o vindeiro 5 de Abril