Nota de prensa

SOS Racismo no día internacional pola eliminación da discriminación racial

Hoxe, día 21 de marzo, celebrase o día Internacional pola Eliminación da Discriminación Racial e, dende SOS Racismo, levaranse a cabo actividades de concienciación e denuncia, ás que todos e todas estades convidados a asistir.

SOS Racismo no día internacional pola eliminación da discriminación racial
A DISCRIMINACIÓN RACIAL E XENÓFOBA-001
A DISCRIMINACIÓN RACIAL E XENÓFOBA-001

O primeiro encontro terá lugar hoxe, 21 de marzo ás 19:00h no Centro Sociocultural Ágora ca presentación oficial dos primeiros resultados do “Informe Anual 2018 sobre Racismo e Xenofobia en Galicia”. Este acto contará tamén ca participación doutras entidades do ámbito que relatarán de forma mais específica temas como o dereito á saúde e a exclusión sanitaria (Médicos do Mundo),o ciberodio racista e activismo (Ecos do Sur), e a Concelleira de Igualdade de A Coruña quen nos achegará ao traballo realizado neste ámbito do consistorio e políticas de futuro.

Dende SOS Racismo Galicia buscamos, a través da presentación do “Informe Anual 2018 sobre Racismo e Xenofobia en Galicia”, denunciar ao racismo institucional, microrracismos cotíás e o discurso de odio racista e xenófobo en Galicia para emplazar ás administracións e á sociedade á elaboración de políticas reais que fomenten a igualdade de dereitos e de trato reais.

 

 

Outro evento que levaremos a cabo en conmemoración do día pola Eliminación da Discriminación Racial é a Degustación Intercultural Solidaria. O sábado 24 aproveitaremos que a comida une ás persoas para unir tamén a gastronomía de diferentes países: africanos, americanos, asiáticos e, por suposto, a cocina tradicional galega. Esta mestura de sabores e xentes terá lugar no Centro Social A Comuna de 20:00h a 23:00h.

O prezo suxerido para degustar este menú é de 8€ con reserva previa antes do xoves 22 ([email protected] ou 698 163 742)

SOS Racismo no día internacional pola eliminación da discriminación racial