Foro Galego de Inmigración | comunicado

O Ingreso Mínimo Vital é discriminatorio

O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN quere facer público o seguinte Comunicado en relación con la aprobación este venres 29 de Maio polo Consello de Ministro do chamado Ingreso Mínimo Vital
O Ingreso Mínimo Vital é discriminatorio
IMG_20180317_132812_060
Encontro do Foro Galego de Inmigración en marzo de 2018

Sin esquecer que poida considerarse un avance nas políticas sociais a nivel estatal bastante significativo, dende o Foro Galego de Inmigración queremos trasladar a cidadanía e as diferentes administracións públicas, que resulta de novo, como outras actuacións deste tipo discriminatorio para o colectivo de persoas migrantes residentes:

  1. En primeiro lugar, deixa fora ao colectivo de persoas en situación de irregularidade administrativa, que polo mero feito de non poder cotizar á Seguridade Social, deberían ser de oficio perceptores inmediatos deste ingreso.
  2. En segundo lugar limita o acceso ao mesmo ás persoas residentes que cumpran o requisito dun ano de residencia legal, o que dixa fora as persoas,en maior situación de vulnerabilidade normalmente, que levan residindo menos tempo no territorio español. Estamos de novo ante un requisito discriminatorio para o colectivo que representamos.
  3. O Foro Galego de Inmigración, con máis de mil entidades e asociacións do conxunto do Estado Español ven esixindo que, como sucedeu en Portugal, a especial situación que estamos a vivir dende o mes de marzo, obrigaba por diferentes motivos- por este do Ingreso Mínimo tamén- a unha regularización rapida e efectivas das persoas migrantes residentes no Estado antes do 13 de marzo. Mantemos a necesidade desta medida, para non deixar fóra ao colectivo de migrantes en situación de irregularidade administrativa desta e doutras medidas.

 SOLICITAMOS polo tanto ao Goberno Central e aos partidos políticos que o substentan a reforma dos aspectos lesivos para os dereitos das persoa migrantes recollidos neste Comunicado e a Esixencia de realizar a maior brevidade posible un proceso de regularización rapida e efectiva das persoas migrantes residentes en situación de irregularidade administrativa.

O Ingreso Mínimo Vital é discriminatorio