Concentración o sábado ás 18:30h diante da Subdelegación do Goberno
"Queremos acoller"
Coruña contra a Guerra, membro da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, convoca concentración para protestar polo incumprimento do Estado Español da cuota de acollida.
O martes 26 de Setembro rematou o prazo que tiña o Estado Español, no marco dun Acordo da Unión Europea, para acoller a 17.337 persoas refuxiadas. A día de hoxe o Estado Español só acolleu a 1.983 persoas refuxiadas, pouco máis do 10% do total comprometido. Faltan por tanto por acoller 15.354 persoas refuxiadas.
Esta concentración pretenden denunciar o incumprimento deste Acordo por parte do Estado Español e do resto, por certo, de Estados da Unión Europea. Trátabase ademáis dunha cifra miserable, rídicula para as capacidades de acollida dun Estado como o Español, que recibe anualmente máis de 60 millóns de turistas e cun potencial demográfico de máis de 45 millóns de habitantes. Pois ben, esa cifra rídicula non se vai sequera a cumprir. A desidia máis absoluta, a falta de humanidade do goberno español, diante ademáis dunha resposta solidaria dunha parte importante da sociedade cívil, é o que van denunciar na Subdelegación do Goberno o vindeiro sábado.
O impresentable Acordo da Unión Europea con Turquía (asinado en marzo do 2016) explica esta situación, xa que conseguíu establecer unha fronteira terrible (un inmenso campo de concentración de persoas) nun país alleo a UE e no que as garantías democráticas está seriamente comprometidas.
Ese Acordo ten moito que ver, porque forzou ás persoas a buscar rutas alternativas máis perigosas, tamén cos milleiros de persoas que morreron nos últimos dous anos tentando achegarse aos paises da Unión Europea no mar Mediterráneo e noutras fronteiras físicas e burocráticas que mantemos e reforzamos para impedir a acollida desta persoas que fuxen da guerra, da violencia, ou da miseria. Situacións de guerra, morte e misería provocadas pola propia política exterior dos países da UE e do chamado “Mundo Occidental”. Esquecendo de forma intencionada que se está a incumprir un dereito humano fundamental (o do refuxio) por parte de gobernos teóricamente democráticos.
Esas fronteiras que provocan mortes tamén ás temos no Estado Español e son responsabilidade dun goberno que ademáis, como outros Europeos, ten a pouca vergoña de acusar ás ONGs de provocar un efecto “chamada” por salvar a demasiadas persoas no mar.
Esas fronteiras son tamén ás que provocan as redadas contra persoas migrantes no Estado Español, as deportacións masivas de persoas, a acumulación de decenas de miles de solicitudes de asilo sin resolver, os CIES ou o resto de fronteiras burocráticas que conculcan os propios dereitos humanos.
A REDE GALEGA EN APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS, conformada por moitos grupos e colectivos sociais, leva case dous anos denunciando esta situación e defendendo a mesma idea: RACHEMOS COAS FRONTEIRAS, NON ÁS GUERRAS. Convocan ao conxunto da cidadanía galega a participar nesta iniciativa e comprométense despois desa data a continuar cunha mobilización social que obrigue ao noso goberno central e ao resto de gobernos da UE a mudar ás súas politícas e a cumprir os seus compromisos.
É unha cuestión de humanidade, de respecto aos dereitos humanos.