Acampa pola paz e o dereito a refuxio

Receptividade no PSdG, En Marea e BNG para a presentación dunha futura moción conxunta no parlamento galego coa que reclamar o recoñecemento internacional do status de migrante climático

A rede Acampa percibiu unha ampla sintonía por parte dos grupos -agás o PP, que polo momento non contestou á invitación de reunirse coa representación deste movemento- á causa central destes encontros. 

Receptividade no PSdG, En Marea e BNG para a presentación dunha futura moción conxunta no parlamento galego coa que reclamar o recoñecemento internacional do status de migrante climático
Reunión de Acampa con Luca Chao e Paula Quinteiro, de EnMarea. Dereito a refuxio medioambiental
58842403_638827836541011_3112583999369773056_o

Nin a Convención de Xenebra nin o Estatuto Internacional do Refuxiado contempla a existencia da figura dos “migrantes por causa climática”. Ante a realidade que se está a producir, o movementoAcampa pola paz e o Dereito a Refuxio promoveu esta petición de apoio parlamentario para que ese status sexa recoñecido internacionalmente. O seguinte paso será trasladar a reclamación ao Parlamento español, unha vez se conforme o novo arco parlamentario. Segundo a ONU e outras organizacións internacionais, de aquí a trinta anos entre 250 e 1.000 millóns de persoas terán que buscar refuxio por razóns medioambientais

 

A Coruña, 30 de abril de 2019.-  Mañá frutífera no Pazo do Hórreo para a rede Acampa pola paz e o Dereito a Refuxio. Os grupos En Marea, PSdG e BNG mostráronse en sintonía de cara á posibilidade futura de presentar unha moción conxunta para que o Parlamento esixa a creación do status internacional de migrante climático. Acampa quere que se inste ao Estado Español a considerar como refuxiadas nas súas correspondentes leis de migración e asilo a aquelas persoas que se ven obrigadas a abandonar o seu hábitat ben polo cambio climático ou ben pola ameaza medioambiental que as arrodea. O PPdG, polo momento, non contestou á invitación de reunirse coa representación da Rede Acampa.

En tres reunións sucesivas, con Lucía Chao e Paula Quinteiro, de En Marea, Montse Prado, do BNG, e Patricia Vilán, do PSdG, os responsables de Acampa explicaron a indefensión absoluta destas persoas ao non poder solicitar asilo por non figurar esta causa no catálogo das que xeran dereito a refuxio. Tanto En Marea coma BNG aceptaron xa a proposta;  o PSdG trasladará nuns días a súa decisión ao respecto, tras poñelo en coñecemento de todo o grupo parlamentario socialista.

Reunión de Acampa coa representante do BNG Montse Prado. Dereito a refuxio medioambiental

Os cada vez máis obvios efectos do cambio climático en calquera punto do planeta están a provocar un dano irreparable no modo de vida de millóns de persoas. As temperaturas cada vez máis extremas, a desertización ou a subida do nivel do mar deixan sen áreas de cultivo nin de pastoreo, e mesmo sen terra que habitar, a poboacións enteiras en distintas partes da terra. Os datos están aí: segundo ACNUR, desde 2009 e por cada segundo que pasa, unha persoa vese desprazada do seu hábitat por un desastre ambiental. Nos últimos once anos, un total de 22,5 millóns de persoas desprazáronse por causa do cambio climático. Os primeiros afectados son os habitantes das zonas máis vulnerables do planeta, pero tamén no Primeiro Mundo se empezan a detectar os efectos: secas, aumento da temperatura no mar con afectación de todas as especies, inundacións que arrasan cidades enteiras, lumes descontrolados… A ONU e outras organizacións internacionais calculan que, de aquí a trinta anos, entre 250 e 1.000 millóns de persoas terán que buscar refuxio por razóns ambientais.

A pesar diso, esta categoría de desprazado non está recoñecida por ningún goberno nin institución. A Rede Acampa, nacida na Coruña en 2016, centrou o programa de Acampa 2018 nas migracións por cambio climático. Os expertos convidados neses días, (científicos, fotoxornalistas, responsables de organizacións de atención á poboación desprazada...) non trouxeron unha mensaxe demasiado optimista. A dimensión do problema é xigantesca. Os desprazamentos humanitarios seguirán repetíndose, e cada unha desas persoas, migrantes climáticos, deberían ver recoñecida internacionalmente a súa condición. Tan urxente é frear as políticas económicas e de aproveitamento enerxético intensivo que aceleran o cambio climático como darmos resposta xurídica aos millóns de persoas que esas políticas expulsan dos seus fogares, obrigándoas a desprazarse para sobrevivir.

Receptividade no PSdG, En Marea e BNG para a presentación dunha futura moción conxunta no parlamento galego coa que reclamar o recoñecemento internacional do status de migrante climático