Acampa pola paz e o dereito a refuxio

Última semana para presentar candidaturas ao II Recoñecemento Internacional Acampa á defensa dos dereitos humanos

As propostas poden dirixirse tanto á categoría internacional como á local. Neste caso, as candidaturas estarán referidas ao ámbito de actuación de cada Rede Acampa conformada: Galicia, Madrid, Brasil e Portugal.
Última semana para presentar candidaturas ao II Recoñecemento Internacional Acampa á defensa dos dereitos humanos
Marina dos Santos
Marina dos Santos

A Coruña, 24 de xaneiro 2022.- A Rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio busca de novo a complicidade de todas as organizacións e particulares que a integran para a presentación de candidaturas á segunda edición dos Recoñecementos Internacionais Acampa á Defensa dos Dereitos Humanos na categoría internacional e local. Trátase de elixir entre todos aos merecedores do aplauso colectivo do Movemento Acampa pola defensa dos Dereitos Humanos, o Dereito a Refuxio e a Defensa da Paz e o Diálogo coma maneira de resolver os conflitos. O prazo para presentar candidaturas para o Recoñecemento Acampa á Defensa dos Dereitos Humanos 2022 finaliza nunha semana, o 31 de xaneiro.  

A xenofobia e o fascismo medran. Millóns de seres humanos andan na procura de refuxio, cos seus dereitos en suspenso. Os Dereitos Humanos son pisados en mil e un puntos do planeta. Homes e mulleres perseguidos pola súa raza, a súa cor, a súa tendencia sexual…e millóns de persoas activistas e organizacións traballando sen descanso na súa defensa, na súa protección. Eses son os receptores do Recoñecemento da Rede Acampa. 

O proceso é ben sinxelo. Todas as organizacións que integran, con carta de adhesión, a Rede Acampa Internacional, as persoas que consten rexistradas como asociadas a mesma, e os equipos de coordinación locais de Acampa Internacional poden presentar as súas propostas. Tamén calquera persoa ou organización allea, asociándose a mesma de maneira rápida e de balde. É ben doado, só hai que facer chegar dixitalmente, ao correo electrónico [email protected] un breve resumo dos motivos da proposta, con fotografía do candidato/candidata ou logotipo da organización e biografía ou memoria dos mesmos. Está todo, ben detallado no enlace: https://redeacampa.org/gl/ii-reco-bases-acampa-2022/ 

Os interesados poden postular candidaturas ao Recoñecemento Internacional e tamén ao local en cada cidade ou área na que a Rede Acampa está conformada. No caso concreto de Galicia, e a partir desta segunda edición, amplíase o ámbito do  Recoñecemento a organizacións e persoas de todo o territorio galego. 

Última semana para presentar candidaturas ao II Recoñecemento Internacional Acampa á defensa dos dereitos humanos