A Ciencia é Feminino
"Acción pola Saúde Integral das Mulleres" A Ciencia é Feminino, II Congreso
A actividade terá un carácter divulgativo e participativo, dirixida a toda a cidadanía co obxectivo de poñer en valor a saúde das mulleres e a necesidade de abordala cunha perspectiva de xénero. Ademais, co proxecto tamén se busca visibilizar o papel da ciencia na sostibilidade e contribuír á consecución das metas 3.4, 3.7 e 5.1, 5.5.
O evento comezará ás 11:00 da mañá cun café de benvida e espazos de networking. Ás 11:20 terá lugar a presentación a cargo de María Viña, Xefa de sección do Muncyt, que estará acompañada pola Secretaría Xeral de Igualdade, o Concello de A Coruña e a Delegación do Goberno. A presentación será realizada por Mariví Iglesias Castelo e Eva Muñoz Pablos.
A partir das 11:40, darase paso ao Panel I, que abordará o tema da lonxevidade. Nel participarán África González Fernández, Ariana Fernández Palomo, Ángeles Romero Rodríguez, Rosalía G. Troncoso e Susana Torrente Vilasánchez. A moderación correrá a cargo de Eva Castro Outeiriño.
Ás 12:40, iniciarase o Panel II, centrado nas áreas da mente e do corazón. Lola Ferreiro Díaz, Mila Pedreira Pérez, María Fornet, Rebeca Calvo Barros e Estefanía Fernández Otero serán as ponentes, e a moderación estará a cargo de Ariana Fernández Palomo.
O Panel III, que tratará sobre asociacións, terá lugar ás 13:40. Nele participarán Carolina Castiñeiras de Asarga, Sara Iglesias de Querendo, Ana Castro da Asociación de bulimia e anorexia de A Coruña (ABAC) e Eva López de Innovatia 8.3. A moderación deste panel será realizada por Sara Castiñeiras, de La Voz de Galicia.
Ás 16:00, Estefanía Fernández Otero conducirá un obradoiro sobre sexualidade, seguido ás 16:45 polo Panel IV, que tratará sobre educación. Participarán Luisa Rodicio García, Ángeles Romero Rodríguez, Estefanía Fernández Otero e Ana Castro. A moderación estará a cargo de Antía Díaz de Radio Voz.
Ás 17:30, haberá unha intervención musical a cargo de Carmen Pením, cantante, compositora e filóloga, ademais de mestra e xuíza honoraria do Couto Mixto. Para rematar haberá unha visita guiada ao Muncyt.