Centro Cívico Novoboandanza
Actos polo Día da Muller no Centro Cívico Novoboandanza
Do 5 ao 12 de marzo de 2018, celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller
Centro Cívico Novoboandanza. C/ Monasterio de Bergondo, 13, 15010 A Coruña. Teléfono 981 189 884. [email protected]
22 feb 2018
AS TRES OLAS DO FEMINISMO MODERNO
Percorreremos a evolución do movemento feminista a través dunha exposición bibliográfica de obras e biografías dalgunhas das mulleres máis destacadas en cada unha das fases do movemento.
Días: do 5 ao 12 de marzo
PHOTOCALL: DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Días: do 5 ao 12 de marzo
UNHA VIAXE POLA CORUÑA FEMININA
Dende a aula, faremos una viaxe polas rúas da nosa cidade que homenaxean a diversos referentes femininos da historia. Falaremos delas e as situaremos no mapa da nosa cidade.
- Día: mércores 7 de marzo
- Horario: 18:00-19:00 h.
- Dirixido a: nenas e nenos entre 8 e 12 anos.
- Custo: de balde
- Inscrición: a partir do 20 de Febreiro, por orde de chegada na conserxería do centro cívico.
- Prazas limitadas