FoliAgra

O barrio está de festa mañá (e o domingo tamén)

> Entrevista aos Carunchos: "É unha evidencia, non unha queixa: a música tradicional precisa apoio"

> Entrevista aos Carapaus: "Chámannos para que a xente baile"

> O programa: Fin de semana de Foliada de Tabernas e Foliada Folc

O barrio está de festa mañá (e o domingo tamén)
Preparativos da FoliAgra na prazas das Cunchiñas
Preparativos da FoliAgra na praza das Cunchiñas.

Chegan Carapaus prometendo baile e Os Carunchos que non se quedan atrás. A festa está garantida o domingo nas Cunchiñas. Pero tamén no resto da Agra. A rúa Barcelona e arredores será un ferver desde o sábado pola mañá, cando empeza a festa coa Foliada de Tabernas. Anoten os grupos: Tombalobos, Parabéns, Cantareiros do Naval, Lembranzas de Bergantiños, Macizas Centrais, Reviravolta, Birloque gaiteiros, Xirandela e As Maghúas. Empezarán ás doce e cuarto até as tres. Algúns repetirán na foliada da noite na praza. Polo medio, Paco Nogueiras para nenos. E xa o domingo, pola tarde, o mago Camiña e Fani Triana, antes de que chegue o folc.


 

O barrio está de festa mañá (e o domingo tamén)