Obras na Agra

Beirarrúas transitables na rúa Meira

Nos próximos días rematarán as obras de mellora da mobilidade e os peóns disporán de beirarrúas de 1,50 metros de ancho mínimo.

Beirarrúas transitables na rúa Meira
Rúa Meira en obras
Rúa Meira en obras.

As obras levarán case un mes, pechouse o tráfico, os veciños tiveron que acceder aos portais e aos garaxes a través de plataformas improvisadas, o ruído polo día aumentou, pero a rúa Meira sairá desta renovada e respectuosa cos peóns.

As beirarrúas, até agora case intransitables (había que ceder o paso cando dúas persoas se cruzaban, pasa nalgunha outra rúa do barrio) serán máis amplas, cun ancho mínimo de 1,50 metros. Será a costa da calzada, que queda con sete metros de ancho, máis que suficientes para unha circulación en sentido único.

Rúa Meira, beirarrúa

As obras, segundo o Concello, custaron 108.000 e inclúen actuacións no saneamento e canalizacións para a iluminación e outros servizos.

Rúa Meira, obras no cruce con Conchiñas

Máis información

> Primavera de obras no entorno das Conchiñas.


 

Beirarrúas transitables na rúa Meira