Eleccións Xerais
Debate sobre as Eleccións Xerais na Agra do Orzán
O martes 29 de Outubro terá lugar un debate sobre as eleccións xerais no local veciñal
28 oct 2019
A Coruña, 28 de Outubro de 2019.- Mañá martes, 29 de outubro ás 20 h. desenvolverase un debate sobre as eleccións xerais no local veciñal (rúa Entrepenas 38 soto).
Enviaron o convite para participar ao Bloque Nacionalista Galego, a Ciudadanos, a Galicia en Común, ao Partido Socialista Obrero Español e ao Partido Popular
Ata agora confirmaron a súa asistencia:
- María Xosé Bravo San José (candidata núm. 2 do BNG ao Congreso pola provincia da Coruña)
- Miguel Lorenzo (candidato núm. 1 do PP ao Senado pola provincia da Coruña)
- Obdulia Taboadela (candidata núm. 2 do PSOE ao Senado pola provincia da Coruña)
Esta actividade é aberta a toda a veciñanza (a entrada libre ata encher o local).