Agra do Orzán
A Asociación Veciñal Agra solicitará unha reunión co Concello para que se atendan as molestias que se producen na rúa Xosé Baldomir
A Coruña, 2 de outubro de 2019.- A primeira acción que se acordou tomar para dar unha solución definitiva a este problema é a de solicitar unha reunión transversal co goberno municipal, no que estén presentes responsabeis de Medio Ambiente, Seguridade Cidadá e Servizos Sociais, pola grave dimensión que ten alcanzado o problema que xa se alonga demasiado no tempo.
A presidenta da AV da Agra, María Gutiérrez Calvete, facía fincapé na situación insostible que se dá: "Precisamos que o Concello da Coruña tome cartas no asunto" e engadiu "Cada día que pasa a situación vai a peor e xa é un problema de convivencia e seguridade cidadá grave, que pode levar a que pase unha desgraza calquera día". "Levamos máis de 3 anos agardando unha solución".
Por esta razón, desde a entidade veciñal agardan unha rápida resposta do goberno municipal, que herda a inacción do anterior goberno no asunto, que levou a que se chegara á grave situación actual.