Agra do Orzán

Primavera de obras no entorno das Conchiñas

Primavera de obras no entorno das Conchiñas
Cruce en Vila de Negreira
Cruce en Vila de Negreira.

As obras en Vila de Negreira comezaron a última semana de marzo. A previsión era que estiveran rematadas a principios de maio, pero demorarán un pouco máis. A estrada e as beirarrúas están case rematadas no tramo entre a Ronda de Nelle e José Baldomir. Na esquina noroeste con esta rúa a beirarrúa gañará espazo. Por agora, o tráfico de baixada por Vila de Negreira e o que procede da rúa Bellavista desvíanse pola rúa do Observatorio. Mentres o 7 mantén a parada nas Conchiñas xunto ao Mercado, non sempre respectada polos turismos.

rua Vila de Negreira

Tamén seguen as obras de saneamento na rúa Comercio, que esta semana afectaron tamén ao tramo da rúa Gramela (imaxe de abaixo) até a avenida Finisterre, sen que fora preciso cortar o tráfico. Aquí a previsión inicial era que as obras estiveran rematadas a próxima semana.

rua Gramela

Na confluencia da rúa Meira (imaxe de abaixo) coa rúa Agra do Orzán tamén empezaron esta semana obras que obrigaron a pechar o tráfico pola primeira das rúas.

rua Mera


 

Primavera de obras no entorno das Conchiñas