Sanidade pública

Charla: O deterioro da sanidade pública en Galicicia

Pablo   Vaamonde García impartirá unha charla na Asociación Veciñal de Labañou para analizar as causas do deterioro da sanidade pública en Galicia

Charla: O deterioro da sanidade pública en Galicicia
Cartaz
Cartaz

A Coruña, 6 de maio de 2019. O  vindeiro mércores  8 de maio ás 19:30, Pablo  Vaamonde García, médico de familia no Centro de Saúde de   Labañou con ampla experiencia profesional no ámbito da sanidade, acudirá ao local da Asociación Veciñal Francisco Rodríguez Otero para crear un espazo de reflexión, formativo e participativo, no cal se farán visibles os procesos de externalización e privatización realizados na sanidade pública galega nos últimos anos.

O  relator impartirá  unha charla informativa para dar paso a un coloquio onde o público asistente se sinta libre de participar e compartir  as súas   impresións en relación á situación actual do sistema de saúde en Galicia.

A asociación está situada na Ronda de Outeiro, 396, baixo. Detrás do Centro Cívico de Labañou.

Na asociación veciñal estamos moi preocupados polo deterioro da nosa sanidade pública, que se nota no noso barrio entre outras cousas xa que quedamos no verán pasado sen servizo de pediatría, porque o do centro de saúde non estaba dispoñible. Ou na reducción das horas da matrona, que en ocasións provoca esperas de máis de tres semanas para conseguir unha cita.

 

 

Charla: O deterioro da sanidade pública en Galicicia