Homenaxe a Josep Pamies | Nota de prensa
Tres debates sen censura
O día 27 de abril en A Coruña, 3 Debates SEN CENSURA. Queremos homenaxear a labor de Josep Pamies destes anos en defensa das terapias naturais e alternativas, e a súa labor na difusión de coñecementos das propiedades de moitas plantas
A súa denuncia dun envelenamento progresivo da poboación sobre-medicada, dunha alimentación superprocesada, dunha agricultura empobrecida e exposta a pesticidas e herbicidas que prexudica a saúde das persoas pero proporciona pingües beneficios a industria farmacéutica e alimentaria.
No contexto da campaña de desprestixio por parte do goberno das terapias alternativas, defender e apoiar a Josep Pamies e defender a liberdade de opinión, de información. A sociedade debe tomar conciencia, decidir e responsabilizarse da súa saúde, debe poder acceder a información mais verídica e a medicina e terapias que libremente escolla.
Ás 4.30 nun espazo céntrico e acolledor que se dirá só con dúas horas de antelación, abrirá a xornada Josep que acaba de regresar da súa xira por América Latina. A súa intervención promete ser moi forte, e a continuación realizaranse tres debates onde se pretenden presentar da maneira mais obxectiva e con información fidedigna tres temas:
- Leite, natural, industrial ou ningunha?
- MMS, panacea ou bulo?
- Vacinas, obrigatorias, seguras?.
Hai moito en xogo: a nosa saúde.
As persoas interesadas en asistir deberán anotarse a través do WhatsApp 644435790 ou do correo [email protected]