4 de febreiro en Compostela
O concello de Sada apoia a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o 4 de febreiro en Compostela
31 ene 2018
O alcalde garante a difusión da información no concello, nas parroquias e centros sociais así como na web e redes sociais.
O alcalde mostrouse preocupado pola situación da sanidade e a repercusión na saúde da cidadanía dos problemas de xestión e asistenciais do sergas. Lembrou que Sada é un concello pioneiro na realización de actividades saudables como por exemplo o programa Sadanda, o programa saudable para que a xente camiñe e retomen as relacións sociais e esixe do Sergas unha maior dotación de recursos á sanidade así como un mellor funcionamento (listas de espera, urxencias, a cobertura de ausencias en atención primaria).