O goberno de Culleredo súmase á manifestación do 4 de febreiro en defensa da sanidade pública
O alcalde de Culleredo José Ramón Rioboo recibíu aos representantes da plataforma SOS Sanidade Pública.
01 feb 2018
O goberno de Culleredo é consciente da necesidade de reivindicar e mobilizarse para mellorar os recursos en sanidade. Despois de varios anos de espera para que a Consellaría construíse un novo centro no Portádego foi necesario exercer unha presión institucional e social importante para arrincarlle á Consellaría un aumento de persoal que era imprescindible.
O Concello de Culleredo súmase á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para este domingo día 4 de febreiro en Compostela e difundirá a información tanto na web como no facebook así como nos centros sociais e animará á cidadanía a participar.