REDE | comunicado

Familiares piden á Xunta un plan de choque urxente de reforzo do persoal das residencias e do persoal de Atención Primaria

As familias agrupadas na Federación Galega de Usuarias e Familiares de Residencias e Dependencia denunciamos a situación que se está a vivir nos centros de maiores de toda Galicia a día de hoxe, catro meses despois de que as residencias fecharan as portas e comezase o confinamento dos nosos maiores.
Familiares piden á Xunta un plan de choque urxente de reforzo do persoal das residencias e do persoal de Atención Primaria
Residencias
Residencias

Desde o 18 de maio, cando as primeiras familias puideron retomar as visitas, os atrancos para acceder aos centros van en aumentado e a información continúa a ser escasa e insuficiente. 

Non temos outro medio de defendernos que volver levantar a voz e denunciar que a falta de persoal nas residencias de maiores é un problema que empeorou, xa que na nova normalidade, o traballo aumentou e as plantillas non, co cal as direccións restrinxen e incluso obstaculizan as visitas de familiares para limitar a carga de traballo.

E levantar a voz tamén para denunciar que a falta de persoal nas residencias de maiores é un problema que empeorou, xa que na nova normalidade, o traballo aumentou e as plantillas non, co cal os reducidos equipos médicos limitaron as visitas a residentes, e non se está a avaliar o estado de saúde de aqueles que pasaron la enfermidade nin dos que permaneceron illados nos centros durante a pandemia.

NON podemos esperar a que se forme un novo goberno, por elo, pedimos á Xunta de Galicia un plan de choque urxente de reforzo inmediato tanto do persoal das residencias de maiores como do persoal de Atención Primaria, xa que non hai outra posibilidade de que os maiores reciban os cuidados que precisan na situación actual.

Somos testemuñas do que está a pasar en distintas residencias.

Familiares piden á Xunta un plan de choque urxente de reforzo do persoal das residencias e do persoal de Atención Primaria