Eleccións Parlamento Galego 2024
A Asociación Veciñal "Oza", Gaiteira-Os Castros organiza Conversas Prelectorais
De cara ás eleccións ao parlamento de Galicia en 2024, a Asociación Veciñal cultural deportiva recreativa "Oza", Gaiteira-Os Castros planificou a celebración dunha conversa para debater os temas de maior transcendencia de cara ó futuro do barrio.
18 ene 2024
Detalles del Evento:
- Datas:** 31 de xaneiro
- Lugar:** Biblioteca de Forum
- Hora:** de 19,00 a 20:45 horas
Temas a Debater:
O tema sobre o que debaterá é a postura do futuro goberno autonómico sobre a franxa litoral: de San Diego a A´s Xubias, así como asuntos pendentes da cidade que teñen que ver co barrio directamente e que deben discutirse, como:
- Equipamentos (Centro de Día e Escola Infantil)
- Transporte metropolitano (futuro da estación de San Diego como estación de trens de cercanías e intermodal e intercambiador)
- Medio Ambiente, calidade do aire
- Accesibilidade a vivenda, compra e aluguer
A conversa estará moderada por un membro da AA. VV. Aún sin determinar.
Ao debate virán os grupos políticos con representación no parlamento galego.
Esta iniciativa busca fomentar o diálogo e a participación cidadá en temas de relevancia para o barrio e a cidade de cara ás eleccións parlamentarias de 2024.