COGAMI

Nova edición do Programa Integrado de Emprego de COGAMI: Inversión na formación e inserción laboral para persoas con discapacidade

A Área de Emprego de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) presenta a nova edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia para o ano 2024.
Nova edición do Programa Integrado de Emprego de COGAMI: Inversión na formación e inserción laboral para persoas con discapacidade
Rosa María Manteiga, técnica de inserción laboral do plan integrado en A Coruna
Rosa María Manteiga, técnica de inserción laboral do plan integrado en A Coruna

A Coruña, 24 de febreiro de 2024 - O programa, financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Servizo Público de Emprego Estatal, está deseñado para impulsar, favorecer e mellorar as condicións de empregabilidade de persoas con certificado de discapacidade recoñecida, dun mínimo do 33%, ou con incapacidade laboral para a súa profesión habitual segundo o recoñecemento da Seguridade Social.

Nesta nova edición, 100 participantes, 54 homes e 46 mulleres, inscritos na bolsa de emprego das oficinas de COGAMI en Ferrol, Ourense, Pontevedra e A Coruña, poderán beneficiarse do programa. Coa formación como base para lograr a inserción laboral, impartiranse 330 horas lectivas en cursos adaptados ás necesidades das empresas e do mercado laboral.

Ao rematar a formación teórica, os participantes terán a oportunidade de realizar 50 horas de prácticas non laborais en empresas, o que facilitará que tanto eles como as empresas poidan comprobar o seu desempeño, abrindo así a posibilidade dunha contratación.

O Programa Integrado de Emprego tamén ofrece accións de información, orientación e asesoramento, técnicas de coaching, intelixencia emocional, motivación para a busca de emprego, habilidades sociolaborais e obradoiros prácticos sobre como enfrontar unha entrevista. Ademais, promoverase a capacidade emprendedora e realizarase prospección empresarial.

Un equipo técnico de inserción laboral formado por 4 profesionais atende ás 100 persoas seleccionadas, as cales provénen dos concellos das áreas de Ourense, A Coruña, Pontevedra e Ferrol. A inserción laboral é un dos obxectivos clave, tendo como mínimo un 40% de participantes buscando a súa integración no mercado laboral, superando o índice na edición anterior con un 58% de insercións.

Nova edición do Programa Integrado de Emprego de COGAMI: Inversión na formación e inserción laboral para persoas con discapacidade