Palestina
Solidariedade co pobo palestino pola súa liberación
O pobo palestino ten dereito á loita armada para recuperar o seu territorio desde o río Xordán até o mar Mediterráneo. Fronte os medios da burguesía europea e do imperialismo anglo-ianqui-sionista, entendemos esta ofensiva como un intento planificado de contrarrestar a limpeza étnica que leva pretendendo executar Israel desde a súa fundación en 1948. A comunidade internacional, que apoiou sistematicamente a entidade sionista, xunto cos seus crimes e accións terroristas, tamén é responsábel desta situación.
Este conflicto ven a profundar unha situación de guerra global que levábamos tempo anunciando. Ante a imposibilidade de frear a caída tendencial da taxa de ganancia, o imperialismo ianqui debe recurrir á guerra para expoliar os recursos naturais e humanos doutros países. Porén, a chegada dunha realidade multipolar ameaza os seus intereses. Esta mudanza na situación do pobo palestino, que toma a iniciativa, pode acarrear consecuencias militares. Rexeitamos todas as posíbeis represalias que a OTAN, como brazo armado do imperialismo, poida causar no pobo palestino.
Desde o Encontro Galego contra a OTAN chamamos á clase traballadora e ás capas populares da Galiza e do Estado español a que mostren a solidariedade con Palestina na súa búsqueda da paz.