Mulleres en folga de fame en Madrid
Unha cuestión de Estado: non máis feminicidios
Un grupo de mulleres acampa desde o día 10 de febreiro na Puerta del Sol, en Madrid, reclamando que o goberno considere a violencia de xénero coma unha cuestión de Estado.
Desde o pasado venres día 10 un grupo de mulleres, entre elas algunha galega, acampan na Puerta del Sol en Madrid nunha iniciativa impulsada pola Asociación Ve-la Luz. Onte pola tarde houbo unha concentración multitudinaria en apoio a este grupo que dispón dun permiso do concello de Madrid para permanecer alí até mañá. Unha das mulleres tivo que ser trasladada ante onte a un hospital. “Estase achegando moita xente, mesmo veñen con comida… fai unha semana que soño cunha tortilla”, confesaba esta noite Gloria, unha das activistas. Piden que o goberno e as institución asuman a violencia machista coma unha cuestión de Estado.